Premio OUFF Chano Piñeiro: Lucía C. Pan
O OUFF entregará á directora de fotografía Lucía C. Pan o Premio Chano Piñeiro por representar a través da fotografía o talento que anida no audiovisual galego actual,
na sua diversidade de formatos e o seu mestizaxe formal.
(Cambre/A Coruña, 1984)
Directora de fotografía
Lucía C. Pan estudou Belas Artes na universidade de Vigo e especializouse en fotografía cinematográfica pola ESCAC. Ao longo da súa carreira traballa en diversos proxectos dirixindo a fotografía de curtametraxes como “ECO”, 2015, de Xacio Baño ou “Matria”, 2017, de Álvaro Gago, proxecto gañador en Sundance, entre outros festivais. En 2009 incorpórase ao proxecto en torno ao Retrato Filmado do Festival Play-Doc, que se
extende ao longo de cinco anos de constante aprendizaxe no mundo do documental. En 2015 realiza a fotografía do documental “Islas”, unha coproducción cubano-polaca, da realizadora Adriana F. Castellanos. En 2016 participa na rodaxe do filme de ficción “Dhogs”, de Andrés Goteira, polo que sería galardonada en 2018 co Mestre Mateo á mellor dirección de fotografía. Recentemente acada o seu segundo Mestre Mateo pola primeira longametraxe de Xacio Baño “Trote”. Ultimamente ten participado en films como: “¿Qué hicimos mal?”, Liliana Torres; “Welcome to ma maison” (documental), Andrés Goteira ou “María Solinha”, de Ignacio Vilar. Entre os premios acadados como mellor dirección de fotografía figuran tamén: Premio Cans 2020, por “16 de decembro”; Premio Pávez 2019 por “A Nena Azul”.