(Barakaldo/Biscaia, 1978)
Directora de cine

Alauda Ruiz de Azúa estudou Comunicación Audiovisual e Filoloxía inglesa no País Vasco. Tras licenciarse, mudouse a Madrid onde se graduou en Dirección de cinema na ECAM en 2005. O seu traballo de fin de diplomatura, “Clases particulares”, supuxo un exitoso debut no mundo da curtametraxe obtendo máis de 30 premios. Despois da escola, traballou como asistente de dirección e script, ata que deu o salto á realización
publicitaria en 2007. Ata o día de hoxe compaxinou a súa carreira publicitaria cos seus traballos máis persoais en formato de curtametraxe (“Nena”, “Din” ou “O importante”) participando en máis de 400 festivais nacionais e internacionais e obtendo máis de 100 premios. “Cinco lobitos” é a súa primeira longametraxe como guionista e directora.

 

 


Este premio que leva o nome do emprendedor e empresario ourensán concédese a directora e guionista Alauda Ruiz de Azúa pola súa ópera prima “Cinco lobitos”, película chea de emocións sobre a maternidade.

 

(Gundiás,Nogueira de Ramuin/Ourense, 1919-1992)
Empresario

Con motivo da celebración en 2019 do centenario do nacemento do empresario e emprendedor ourensán, o Festival Internacional de Cine de Ourense creou o premio que leva o seu nome e que outorgase anualmente o mellor primeira ou segunda longametraxe de ficción do cine español. Neste caso estreada entre septiembre de 2019 e septiembre de 2020. Este ano o premio recaeu “Cinco lobitos”, de Alauda Ruiz.
Considerado una das figuras fundamentais do motor en España, comenzou a súa vida profesional nun pequeño taller en Ourense e foi capaz de levantar un gran complexo industrial empresarial que contribuiu decisivamente á motirización de España. É coñecido pola transformación patentada de motores gasolina a diésel e pola posterior fabricación de camións e vehículos industriais baixa a marca Barreiros.