O actor lucense, e ourensán de adopción, Chechu Salgado, Goya ao mellor actor revelación polo seu papel en “Las leyes de la frontera”, recibirá o Premio OUFF Ourense en recoñecemento ao seu traballo, compromiso e dada a súa xuventud, a un futuro moi prometedor no mundo do cinema e a televisión.

(Sober/Lugo, 1991)
Actor de cine e teatro

Jesús Salgado López coñecido como Chechu Salgado, é un actor galego, nacido en Lugo e criado en Ourense, que ven de gañar o premio Goya 2022 ao mellor Actor Revelación por “As leis da fronteira”, de Daniel Monzón e que ten participado en series como “Fariña”, “A caza. Monteperdido”, “Motel Valkirias” ou “Patria”.
Estudou na Escola de Arte Dramática de Galicia, en Vigo. Participou na obra de teatro “A tempestade” (de William Shakespeare), dirixida por Dani Salgado. Realizou o seu primeiro papel interpretando a Román Fiúza na serie de televisión de TVG “ Serramoura”, onde se deu a coñecer. En 2018 realiza a súa primeira interpretación a nivel nacional na serie de Antena 3 “Fariña”, onde ten o papel de Javi Bustelo.
En 2019 incorpórase á serie televisiva “A caza. Monteperdido” en TVE, onde interpreta a Ismael. Ese mesmo ano forma parte do elenco principal de “Servir e protexer”, serie diaria de TVE, onde dá vida a Ramón Vermello. En 2020 participa na serie de HBO España “Patria”, interpretando a Patxo e tamén na película “María Solinha”, de Ignacio Vilar.
En 2021 protagoniza a superproducción de Daniel Monzón “As leis da fronteira”, dando vida a Zarco, papel polo que recibe o Premio Goya 2022 e a medalla CEC ao mellor Actor Revelación.
Participou tamén en varias obras de teatro, obtendo en 2010 o Premio nacional Buero Vallejo de Teatro Novo ao mellor actor por “Don Juan”, con Teatro Tarumba.