Premio OUFF Televisión: Aitor Gabilondo
O guionista e produtor donostiarra Aitor Gabilondo recibirá o Premio OUF Televisión pola súa ampla e exitosa traxectoria profesional no mundo da televisión con títulos como: “Entrevías” ou “Vivir sin permiso”.
(San Sebastián, 1972)
Guionista e creador de series
Aitor Gabilondo é un dos showrunners máis destacados da produción audiovisual española, con máis de 20 anos de experiencia e unha longa lista de éxitos en televisión (‘El Príncipe’, ‘Vivir sen permiso’, ‘Patria’ ou ‘Entrevías’). En 2017 funda a produtora Alea Media xunto a Mediaset España, cuxas estreas máis recentes foron ‘Entrevías’, éxito en audiencia a nivel nacional e internacional; ‘Madres. Amor y vida’, con catro tempadas emitidas en Amazon Prime Vídeo; ou ‘Besos al aire’, primeira produción orixinal española ofrecida en exclusiva en Disney +. Actualmente, está pendente de estrea ‘Fuerza de Paz’, un thriller sobre un continxente militar que verá a luz en RTVE; ‘El Silencio’, un thriller producido en exclusiva para Netflix e ‘Escándalo, relato de una obsesión’.
En 2022 estreou a serie ‘Entrevías’ en Telecinco, protagonizada por Jose Coroado e Luís Zahera, cuxo primeiro capítulo tivo a súa premier no OUFF 2021.