Gañador do Goya en 2012 pola súa maxestuosa interpretación en No habrá paz para los malvados de Enrique Urbizu, Jose Coronado non necesita presentación. É unha das caras máis coñecidas do audiovisual español. Naceu en Madrid en 1957 e decidiu facer un curso de arte dramático na Escuela de Cristina Rota cando estaba a piques de cumplir os 30. Un mes despois, conseguía o seu primeiro papel nunha obra de teatro. Dende entón, non parou de traballar. A súa dilatada carreira profesional inclúe preto de 40 películas, máis dunha ducia de obras de teatro e decenas de papeis en series para televisión. Ademais, estivo dúas veces nomeado ao Goya como Mellor Actor de Reparto por Goya en Burdeos, dirixida por Carlos Saura, e por La caja 507 de Enrique Urbizu.

Centrándonos na súa carreira televisiva, hai que falar dos seus papeis como axente Lucas en Brigada Central (1990-1992) ou como o xefe de Local Luis Sanz na mítica Periodistas (1998-2002) onde adquiriu gran fama. A estas seguirían outras series como Código fuego (2002) e despois varias ficcións de Telecinco: Los ochenta (2004), RIS Científica (2007) e Acusados (2008). En 2013 El Príncipe, producida por Mediaset España, convirtese no seu novo éxito, con grandes críticas e audiencias ata a súa fin no ano 2016. No 2018 participa en Gigantes, de Movistar+, e volve con Mediaset España en Vivir sin permiso, na que volve a compartir cartel con Álex González. Neste 2021 José Coronado estrou na serie de Netflix El inocente, que acadou un gran éxito internacional de público e na que comparte pantalla con Mario Casas e Alexandra Jiménez.

Entrevías, a mencionada serie que roda actualmente, é un drama urbano que protagoniza xunto ao actor galego Luís Zahera e a nova actriz novel Nona Sobo. Narra a historia de Tirso Abantos, un home de principios cuxa existencia sosegada e rutineira dá un envorco cando a súa neta adolescente irrompe de cheo na súa vida. A ficción combina drama, acción e toques de humor nas súas tramas mentres aborda cuestións de fondo como a brecha xeracional, os cambios na sociedade, a crise de valores e a convivencia entre persoas de distintas culturas. Para rematar este ano de éxitos, Coronado recibirá en Ourense o Premio OUFF Televisión o vindeiro 29 de setembro, nunha gala na que se estreará en exclusiva o primeiro capítulo desta nova serie.

Proxeción

Entrevías