PROFESIONAIS DO AUDIOVISUAL GALEGO


LEDICIA SOLA
Ourense

Titulada en Interpretación Textual pola Escola Superior de Arte Dramático de Madrid (2000) e formada en numerosas disciplinas artísticas, acadou popularidade en Galicia con varias series da TVG desde 2000, entre elas “Galicia exprés”, “As leis de Celavella”, “Os Atlánticos”, “O Nordés”, entre outras, ademáis de colaboracións en Periodistas, HKM, Gran Reserva ou Amar es para siempre, é máis recentemente Vivir sin permiso. Como actriz de cine participou en longametraxes de Antón Reixa (Hotel Tívoli, 2007), Belén Macías (El patio de mi cárcel, 2008), Laura Gardos (Años después, 2011), Alfonso Zarauza (Os fenómenos, 2014), e Ignacio Vilar (A esmorga, 2014), entre outros.

 

MARIANA CARBALLAL
Albarellos/Ourense

Actriz cunha extensa experiencia en papeis de reparto en teleseries, tanto da canles privadas españolas como da autonómica galega. Desde finais dos noventa incorpórase ao mundo das longametraxes (“Hotel Danubio”, “Cuando vuelvas a mi lado”), intervindo en destacados títulos do cine galego. No eido teatral traballou con Teatro de Cámara (Madrid) e co Centro Dramático Galego, entre outras compañías. Interpreta o papel televisivio Maribel dos Tonechos no programa “Luar”. Realizou tres cursos de interpretación para cámara, dirixidos respectivamente por Jaime Chávarri, Elena Arnao e Rosa Estévez. Licenciada pola Real Escuela Superior de Arte Dramático.

 

CHECHU SALGADO
Sober/Lugo

Actor de cine e teatro estudou na Escola de Arte Dramática de Galicia, en Vigo. Realizou o seu primeiro papel interpretando a Román Fiúza na serie de televisión de TVG “Serramoura. En 2018 realiza a súa primeira interpretación a nivel nacional na serie de Antena 3 “Fariña”, onde ten o papel de Javi Bustelo. En 2019 incorpórase á repartición da serie televisiva “A caza. Monteperdido” en TVE. En 2020 participa na serie de HBO España “Patria”. En 2021 protagoniza a superproducción de Daniel Monzón “As leis da fronteira”, dando vida a Zarco personaxe polo que recibe o Premio Goya ao Actor Revelación.

 

ISABEL BLANCO
Berna/Suiza

Presentadora, actriz e produtora galega de formatos para a televisión,documentais e pequenas ficcións. Na actualidade conduce un programa de viaxes e entrevistas na Televisión de Galicia: “Pasaporte Galego”. Coma actriz foi recoñecida a nivel nacional en películas como “Un Franco 14 Pesetas” e protagonizou xunto a Luis Tosar a exitosa serie “Mareas Vivas”. Dende 2002 é Delegada de AISGE en Galicia e foi membro da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual. É colaboradora habitual de diversos festivais de cinema. En orixe, de formación tradutora e intérprete. Fala sete idiomas.

 

IRIA SOBRADO
O Carballiño/Ourense

É actriz de teatro e televisión e a súa proposta artística máis persoal ten forma de performance e accións escénicas efémeras. Licenciada en Matemáticas e formada en teatro e performance, desenvolve a súa carreira artística con compañías como Nut Teatro, Churras e Ibuprofeno Teatro. Algunhas das súas performances son “Corazón”, “O estado cru”, “Brinde”, “Titania” ou “A espera (Reclamando a Clitemnestra)”. Foi candidata a finalista nos Premios Max 2017 como actriz secundaria por “Raclette”, de Ibuprofeno Teatro. Como actriz de televisión foi formou parte das series “Pazo de Familia”, “Do dereito e do revés”, “A lei de Santos”, “Viradeira”, “Land Rober” e “Tourilandia”, da TVG.,

 

LETICIA IGLESIAS
O Carballiño/Ourense

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, Master en Periodismo Audiovisual por el IEPA-CES y Especialista en Economía y Finanzas polo Instituto de Empresa. Tras pasar por Radio Galega, TVE-Galicia e Expansión TV, chegou a CNN+ en 2004 na sección de economía, compaxinando a redacción coa presentación de Globoeconomía, programa da CNN en Español para Latinoamérica. En 2005 incorporouse á edición de tarde-noite dos informativos de CNN+ como presentadora. Entre 2011 e 2014 presentou o informativo matinal de Telecinco para Mediaset España. Ata 2017 foi directora de Comunicación de Coca-Cola en España, para regresar a Telecinco e a seu informativo Telecinco Matinal.

 

RAQUEL DOMÍNGUEZ
O Carballiño/Ourense

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e Bachelor of Communication Studies pola Glamorgan University de Pontypridd (Reino Unido). Tras pasar por RNE-Galicia e Antena 3-Galicia, no 2001 chegou a TVE- Galicia onde dirixiu e presentou varios programas de carácter cultural. Tamén desempeñou funcións como redactora e presentadora dos servizos informativos de TVE. Dende o 2006 traballa en Televisión de Galicia como redactora e presentadora en diferentes informativos. Dende hai un par de anos edita e presenta o Telexornal Serán.

 

 

SIMONE G. SAIBENE
Cirimido/Italia

 

Cineasta e produtor galego de orixe italiana. No 2012 fundou en Ourense a produtora distribuidora Noveolas. Na súa filmografía hai títulos como ‘9 ondas’ (2013), ‘Kuti Khanti’ (2014), ou ‘Pelerinaxes’ (2016), filmes que tiveron percorrido en festivais nacionais e internacionais, recibindo varios premios. Como docente e crítico de cine colabora e colaborou con varios medios e institucións como a revista de crítica de cine italiana ‘Duel’, o Instituto Cervantes de Milán, a Fundación San Fedele, a Esap de Porto ou CGAI. Desde o 2019, dirixe e conduce o programa ‘Cinephilia’ en Telemiño que recibiu o Premio Mestre Mateo ao ‘Mellor Programa de Televisión’ e unha mención ao ‘Mellor Comunicador’. Ademáis Saibene lidera o grupo musical grelos-western ‘Os Forasteiros’.

 

NOELIA REY
Ourense

Xornalista galega de televisión estudou Secundaria no IES Otero Pedrayo e licenciouse en xornalismo na Universidade de Santiago. Ten un Mestrado en Xornalismo en Radio, TV e Multimedia, Xornalismo audiovisual na Escuela Superior de Imagen y Sonido CES de Madrid. Fixo prácticas en La Voz de Galicia e foi redactora en Mediaset España e bolseira da CRTVG. Colaborou con Galicia Noticias Serán, presentou “Cantas ou non”, traballou en “Adiviña quen ven esta tarde” e “Aquí Galicia”, e como reporteira, guionista e colaboradora en “Malicia Noticias”, sempre na TVG. En xuño de 2022 comezou a presentar na TVG “Vaia troula!”