A virxe roxa

MARCOS NINE | Galicia-España | 2021 | Documental

Categorías: Panorama Galicia 2022
Día: 25.09.2022 |
Horario: 19:30h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo

Sinopsis

En 1933 Aurora Rodríguez mata a tiros á súa propia filla Hildegart, mentres esta durmía. A xove, con só dezaoito anos, era unha das feministas máis destacadas da Segunda República Española. Pero tamén era un produto perfectamente calculado e deseñado pola súa nai para que fose a liberadora da muller. Os plans de Aurora non saíron como estaba previsto.

Ficha técnica

Director: Marcos Nine. Guión/Guion: Marcos Nine, Rocío González. Música: Arturo B. Kress. Montaxe/Montaje: Marcos Nine. Voces: Nerea Barros y María Vázquez. Narración: Antonio Duran “Morris”. Duración: 93 minutos. Produtores/Productores: Amalia Mato, Chema Gagino. Produción/Producción: Recrea Films.

Premios

2022, Premio Mestre Mateo:

Mellor documental/Mejor documental.