Acorda

UXÍA SENLLE, MARINA CARRACEDO, LUCAS TERCEIRO | Galicia | 2021 | Documental musical

Categorías: Panorama Galicia
Día: 01.10.2021 |
Horario: 17:00h |
Lugar: Teatro Principal
Entrada gratuita

Sinopse

No 36, o franquismo quixo apagar a nosa voz e o noso pensamento, quixo roubarnos a chuvia. A historia escríbea quen vence, pero outras historias continuaron escribíndose tamén. Hoxe, coma quen acorda dun longo sono, volvemos a algúns dos lugares onde habitou o silencio, o medo. Unha emocionante viaxe á memoria da man do poeta e narrador Lois Pérez e da cantora Uxía.

Ficha técnica

Director: Lucas Terceiro
Guión: Lois Pérez.
Asesoramento de contidos: Montse Fajardo
Música: Uxía e Marina Carracedo
Fotografía: Lucas Terceiro
Montaxe: Lucas Terceiro
Intérpretes: Lois Pérez, Eduardo R. Cunha, “Tantán”, Andrés Giraldez, Queta Molas, Telmo Comesaña.
Duración: 60 min. 
Produtora: Marina Carracedo.
Produción: Damadriña Producións / Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra

Sobre o director

Uxía Senlle (Sanguiñeda (Mos, 1962) /Marina Carracedo (Zaragoza, 1985)

Lucas Terceiro (A Estrada, 1988)

Inicia o seu camiño no mundo da ficción en 2017 de mans da súa primeira curtametraxe como director, Alicia, que recibiu nominacións no Festival de Cans, Fic Fan Fest de Mar del Plata (Argentina),  Boca do Inferno (Brasil) ou o Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada “Curtas” de Vilagarcía de Arousa. En 2020 estrena a súa segunda curtametraxe de imaxe real como director: HARP, protagonizado por Fernando Tato.  Acorda é a súa primeira longa.