Bellas durmientes

ELOY LOZANO | España | 2001 | Drama

Categorías: Homenaxe Eloy Lozano
Día: 27.09.2020 |
Horario: 12:00h |
Lugar: Teatro Principal
Bellas durmientes
Entrada gratuita

SINOPSE

Lawrence, un prestixioso escritor, chega a Santiago para pasar un curso de inverno. Alí, a través do seu compañeiro Elías, descobre unha casa moi especial nos arredores da cidade, dirixida por unha muller hermética e misteriosa, Salomé. Nesta casa, homes maduros e anciáns pasan a noite con mozas durmidas, buscando recuperar a xuventude perdida ao seu carón.

Ficha técnica

Director: Eloy Lozano

Guión: Eloy Lozano (Novela: Yasunari Kawabata)

Música: Nikolai Korndorf , Valentin Silvestrov

Fotografía: Tomás Pladevall

Montaxe: Martin Eller

Intérpretes: Clive Arrindell , Teresa Gimpera, Jane Bautista, Denis Rafter, Brendan Price, Xavier Elorriaga, Unax Ugalde, Mapi Galan

Duración: 120 minutos

Produtor:  Eloy Lozano

Produción: Off Films SL, RTVE

Sobre o director

Eloy Lozano

Profesional multidisciplinar que destacou como realizador, guionista, produtor, editor e fotógrafo. Traballou sobre todo no mundo da publicidade, aínda que deixou unha pegada imborrable no cine. Ademais de dirixir a primeira edición do certame ourensán, daquela Festival de Cine Independente de Ourense (1996), realizou a primeira curtametraxe en 35 milímetros rodada en galego, “Retorno a Tagen Ata”.

Nos anos oitenta realizou traballos anovadores como “Numeralia” ou “Catro escultores”.
Dirixiu unha única longametraxe de ficción, pero unha moi especial. “Belas Dormentes” (2001) é un filme rodado en Galicia, en inglés, e que adapta unha obra do Premio Nobel Yasunari Kawabata. Conta cun reparto internacional liderado por Clive Arrindell, o coñecido rostro dos anuncios do Sorteo de Nadal da Lotaría Nacional. A película foi exhibida no seu momento en varios festivais internacionais e agora chega a Ourense para conmemorar o 25 aniversario do certame de cine.