Cartas mojadas

PAULA PALACIOS | España | 2020 | Documental

Categorías: Sección Oficial
Día: 26.09.2020 |
Horario: 19:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Día: 28.09.2020 |
Horario: 22:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Día: 30.09.2020 |
Horario: 17:00h |
Lugar: Cines Pontevella

SINOPSE

Milleiros de persoas cruzaron o Mediterráneo estes anos intentando chegar a Europa. Este documental narra, a través dunha misteriosa voz dende o fondo do mar, a epopea máis tráxica da nosa historia contemporánea. Seguindo cartas escritas, de nais a fillos, a voz acompaña á nave da ONG Open Arms, na súa misión máis dramática, loitando por salvar a 550 persoas do naufraxio. Esquecendo que é unha historia real, a situación empeora cando a película nos leva a bordo dun buque da garda costeira libia.

Ficha técnica

Directora: Paula Palacios

Guión: Paula Palacios

Música: Mariano Marín

Fotografía:  Taha Jawashi, Amine Belhouchat, Mikel Landa

Montaxe: Virginie Véricourt

Intérpretes: Snaa, Oscar Camps, Guillermo Cañardo, Marc Reig, Esther Camps, Gerard Canals, Cristina Bocanegra, Alejandra Martínez, Nico Calzada Ángel Rodríguez.

Duración: 81 min.

Produtores: Paula Palacios

Produción: Morada Films

Distribución en España: Syldavia Cinema

Sobre o director

paula-palacios-ouff

Paula Palacios 

Documentalista española. Produce e dirixe máis de vintecinco documentais para televisión, “Cartas Mojadas” é a súa primeira longametraxe. As súas obras tratan sempre temas sociais, especialmente as migracións e as mulleres. En 2015, a súa película “ALI´ENS” foi nomeada como mellor documental nos Asian TV Awards. Paula é especialista no mundo árabe e colabora a miúdo en festivais como membro do xurado.

FILMOGRAFÍA 

2020 Cartas mojadas 

2019 Mediterranean Dilemma 

2017 Doble víctima

2017 La carta de Zahra

2017 Promesas que Halimo no puede cumplir

2017 La historia del laúd 

2015 Francia, responsable pero no culpable 

2014  ALI’ENS 

2012 New Walls 

2012 The Last Hunter

 2010 Mujeres sin Pausa

Galería