Horario: 17:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Horario: 19:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Horario: 22:00h |
Lugar: Cines Pontevella
SINOPSE
A historia de Daniel, de 20 anos de idade, quen experimenta unha transformación espiritual mentres vive nun Centro de Detención Xuvenil. Quere ser sacerdote, pero isto é imposible debido aos seus antecedentes penais. Cando é enviado a traballar a un taller de carpintería nunha pequena cidade, á súa chegada vístese de sacerdote e faise cargo accidentalmente da parroquia local.
Ficha técnica
Director: Jan Komasa
Guión: Mateusz Pacewicz
Música: Evgueni Galperine, Sacha Galperine, Youli Galperine
Fotografía: Piotr Sobociński jr
Montaxe: Przemysław Chruscielewski
Intérpretes: Eliza Rycembel, Tomasz Zietek, Jan Hrynkiewicz, Leszek Lichota, Łukasz Simlat
Duración: 116 min.
Produtores: Leszek Bodzak, Aneta Cebula-Hickinbotham, Krzysztof Rak
Produción: Aurum Film, Canal+ Polska, WFS Walter Film Studio, Les Contes Modernes
Distribución en España/Distribution in Spain: Surtsey Films
Sobre o director
Jan Komasa (Poznan/Polonia, 1981)
Director, guionista e produtor coñecido ata o de agora por dirixir “Habitación de suicidio” (2011) e “Varsovia 44” (2014). Os seus traballos foron premiados nos grandes festivais do mundo: Tribeca, Berlín, Cannes e Venecia. Cando tiña 21 anos dirixiu a súa curtametraxe “Nice To See You” (2003) que gañou o terceiro premio no Festival de Cannes. Escribiu o guión da súa primeira longametraxe “Suicide Room” en 2008, dirixiu a película en 2009 e estreouna no Festival de Cinema de Berlín en 2011. Despois realizou unha longametraxe máis e traballos para teatro e televisión. “Corpus Christi” estreouse en 2019.
FILMOGRAFÍA
2019 Corpus Christi
2016 Mary Komasa: Lost Me (curta/corto/short)
2014 Varsovia 1944
2014 Powstanie Warszawskie (documental/documentary)
2011 Habitación de suicidio
2007 Splyw (documental/documentary)
2004 Fajnie, ze jestes (curta/corto/short)