Cotolay

Cotolay (El niño y el lobo)

JOSÉ ANTONIO NIEVES CONDE | España | 1965 | Drama biográfico

Categorías: Ciclo Xacobeo
Día: 30.09.2021 |
Horario: 19:30h |
Lugar: Teatro Principal
Entrada gratuita

Sinopse

Despois dunha longa peregrinación polo Camiño de Santiago, tres frades chegan a Santiago de Compostela sen cartos e sen comida. Pero coñecen a un rapaz, Cotolay, que coida deles. Un dos frades é Francisco de Asís.

Ficha técnica

Director: José Antonio Nieves Conde.
Guión: José Antonio Nieves Conde, Luis Ligero (baseada nunha lenda galega sobre a fundación de Francisco de Asís).
Música: Ángel Arteaga.
Fotografía: Mario Pacheco.
Montaxe: José Luis Matesanz.
Intérpretes: Vicente Parra, Didier Haudepin, José Bódalo, José Bastida, Roberto Rey, Ramón Centenero, Conrado San Martín.
Duración: 114 min.
Produtora: Midega Films.
Produción: Suevia Films.
Dereitos de exhibición: Mercury Films.

Sobre o director

José Antonio Nieves Conde (Segovia/1911 – Madrid/2006) 

Foi cineasta e xornalista español. Debutou como director en 1946 con Senda Ignorada. Alcanzou o cumio da súa carreira como cineasta en 1951 con Surcos. Esta película, cun guión de Natividad Zaro e Gonzalo Torrente Ballester, está considerada unha das grandes películas do cine español. Causou controversia naquel momento e foi atacado pola Igrexa por tratar temas tabú da época. Cotolay (1965) rodouse en varios escenarios de Galicia, entre eles Ribadavia e Melón. O decorado levantado en Melón foi o maior realizado pola industria do cinema en España ata a rodaxe de Lo Imposible. Con Más allá del deseo (1976) remata a súa carreira cinematográfica. En 2003, o OUFF rendeulle homenaxe coa publicación de Traxedia e ironía: o cine de Nieves Conde, de José Luis Castro de Paz e Julio Pérez Perucha.