Devolvendo o golpe

CARLOS PRADO | Galicia | 2021 | Documental

Categorías: Panorama Galicia
Día: 30.09.2021 |
Horario: 22:00h |
Lugar: Teatro Principal
Entrada gratuita

Aos 10 anos, Aarón case morre atropelado por un coche. A súa nai, Rosa, loitará por que saia adiante e cumpra o seu soño: ser campión de España de boxeo.

Ficha técnica

Director: Carlos Prado
Guión: Carlos Prado
Música:  Juanjo Javierre
Fotografía: Diego M. Barcia y Diego Santaclara
Montaxe: Diego M. Barcia
Intérpretes: Aarón “The Thunder” González, Rosa María Diz, Luis González, Alberto Teijeiro, Cuco Rodríguez
Duración: 65 min.
Produtor: Carlos P. Pampín
Produción: Trece Amarillo e Carlos Prado Pampín

Sobre o director

Carlos Prado Pampín (Marín/Pontevedra, 1982)

Xornalista e Técnico Superior de Imaxe. Traballa para a TVG como operador de cámara en programas informativos e de variedades. No 2007 obtén a licenciatura en Xornalismo Audiovisual na USC. Tras pasar por Radio Voz e polo diario AS, no 2008, Pampín ficha pola televisión La Sexta, na súa delegación de Galicia. Carlos combina o seu traballo de xornalista coa rodaxe de curtas de ficción e documentais. No 2017, gravou unha curta documental sobre a vida dos galegos na Antártida a bordo do buque Hespérides, Homes de xeo, estreada na II Mostra Internacional de Cine Documental, “Mares da Fin do Mundo”. Devolvendo o golpe é a súa primeira longametraxe documental.