Doppelgänger
PACO GUITIÁN-TADEO PUGLIESO | España | 2021 | Drama psicológico
Horario: 17:00h |
Lugar: Teatro Principal
O psicólogo Hugo Serantes vagou entre as conciencias dos seus pacientes intentando resolver as fobias e traumas que os atormentaban, e non sempre foi doado. No pasado foi reprobado polos seus compañeiros de profesión e denunciado polos seus propios pacientes por usar métodos pouco ortodoxos. Ata que un día, por casualidade, fai o descubrimento que posiblemente cambie a propia concepción da existencia.
Ficha técnica
Directores: Paco Guitián, Tadeo Puglieso.
Música: Xabier Díaz, Paco Guitián, Joaquín García Soto
Fotografía: Álvaro Díaz Grandío
Montaxe: Álvaro Díaz Grandío, Paco Guitián
Intérpretes: Paco Guitián, Bárbara Tartabini, Ana Gronzo Amil, Tadeo Puglieso, Nana del Hue, Pepe sarmiento, Cami Cernadas.
Duración: 74 min.
Produtor: Paco Guitiän
Produción: Rabinya Audiovisual
Distribución en España: Yaq Distribución
Sobre o director
Paco Guitián (Venezuela)
Formado en diferentes escolas de teatro da Coruña, foi actor de teatro en diferentes producións. Actualmente continúa a súa formación na escola “Adestramento actoral” de Fernando Tato. Xunto con Tadeo Puglieso, Álvaro Díaz, Bárbara Tartabini e Ana Gronzo, fundou na Coruña a produtora audiovisual Rabinya.
Tadeo Puglieso (Argentina)
Estudou teatro con Esteban Mellino durante algúns anos. Vive en Galicia dende hai 10 anos, onde obtivo o título de produción audiovisual, radio e programas na Escola de Imaxe e Son da Coruña.