El Camino

The Way

EMILIO ESTÉVEZ | España-Estados Unidos | 2010 | Road movie

Categorías: Ciclo Xacobeo
Día: 30.09.2021 |
Horario: 17:00h |
Lugar: Teatro Principal
Entrada gratuita

Sinopse

Tom Avery é un recoñecido oftalmólogo de California que recibe unha chamada para informalo da morte do seu fillo, Daniel, nos Pirineos. Tom viaxa a Europa para facer todos os preparativos sobre a morte pero, durante a súa estadía, descobre que Daniel estaba a facer o Camiño de Santiago e non puido pasar a primeira etapa.

Ficha técnica

Director: Emilio Estévez.

Guión: Emilio Estévez.

Música: Tyler Bates.

Fotografía: Juan Miguel Azpiroz.

Montaxe: Raúl Dávalos.

Intérpretes: Martin Sheen, Deborah Kara Unger, James Yorick Van Wageningen, Simón Andreu, Emilio Estévez, Ángela Molina.

Duración: 120 min.

Produtores: David Alexanian, Emilio Estévez.

Produción: Filmax, Where the Red Fern Grows. 

Distribución en España: Filmax.

Sobre o director

Emilio Estévez (Nueva York, 1962)

Actor, director e guionista estadounidense. Acadou a súa popularidade durante a década dos 80 xunto co grupo de actores adolescentes coñecido como o Brat Pack. Entre os seus traballos máis relevantes están The Breakfast Club, Young Guns, Bobby, St. Elmo’s Fire ou Mission: Impossible 2. É o fillo maior do actor Martin Sheen, de orixe galego.