El encuentro

MARCOS FERNÁNDEZ | Galicia | 2021 | Documental

Categorías: Panorama Galicia
Día: 28.09.2021 |
Horario: 22:00h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
Entrada gratuita

Unha variada representación do ecosistema xerado en torno ao maior e máis practicado xogo de estratexia baseado en cartas coleccionables, Magic the Gathering, expón e comparte de forma persoal e individual as súas vivencias pasadas, condición actual e visión de futuro para cun xogo que día tras día, non deixa de crecer. Cando te envorcas plenamente con algo, unha afección pode converterse en moito máis que un xogo.

Ficha técnica

Dirección, Producción, Montaxe: Marcos Fernández Vázquez

Interpretes: Documental

Duración: 98 Minutos

Sobre o director

Marcos Fernández  (Ourense, 1979)

Autodidacta e polifacético por natureza. Creador por vocación. Ás veces xoga a ser director de cinema. Dálle cinco palabras e construirache un mundo. Para erixir universos, é posible que tarde un pouco máis. Atesoura varios premios, galardóns e recoñecementos polas súas creacións artísticas, audiovisuais e literarias. Dirixe unha canle de Youtube desde 2006. Ata a data, participou con dez obras cinematográficas en oito edicións do Festival Internacional de Cinema de Ourense ( OUFF).

Outras obras desta categoría