El olvido que seremos

FERNANDO TRUEBA | Colombia | 2020 | Drama

Categorías: Inédito en Ourense
Día: 25.09.2021 |
Horario: 17:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Día: 01.10.2021 |
Horario: 22:00h |
Lugar: Cines Pontevella

Sinopse

Héctor Abad Gómez dedicou os últimos anos da súa vida, ata a mesma noite que foi asasinado no corazón de Medellín, a defender os dereitos humanos. “El olvido que seremos” é a reconstrución amorosa, paciente e detallada da súa vida, a través da memoria dunha cidade e dunha familia.

Ficha técnica

Director: Fernando Trueba

Guión: David Trueba (Novela: Héctor Abad Faciolince)

Música: Zbignew Preisner

Fotografía: Sergio Iván Castaño

Montaxe: Marta Velasco

Intérpretes: Javier Cámara, Aída Morales, Patricia Tamayo, Juan Pablo Urrego

Duración: 136 minutos

Produtor: Dago García

Produción: Caracol Televisión, Dago García Producciones

Premios

2020: Premio Goya á Mellor película Iberoamericana


Sobre o director

Fernando Trueba (Madrid, 1955)

Fernando Rodríguez Trueba, coñecido como Fernando Trueba (Madrid, 18 de xaneiro de 1955), é un director, guionista e produtor de cine español. Deuse a coñecer coa súa primeira película, chamada adecuadamente “Opera prima” (1980). En 1986, con “El año de las luces”, gañaría un Oso de Prata no Festival de Berlín. En 1988 foi presidente da Academia da Cinematografía Artes e Ciencias de España. En 1993 a súa película “Belle Époque” foi galardoada co Oscar á mellor película de fala non inglesa.