El secreto

GUSTAVO MARTÍN GARZO | España | 2021 | Cortometraje

Categorías: Cine e Literatura
Día: 28.09.2021 |
Horario: 19:30h |
Lugar: Teatro Principal
Entrada gratuita

Sinopse

Conta a historia dunha muller nova que se namora dun home que se hospeda na súa casa. A atracción é mutua e, cando parecen máis felices, o home desaparece sen explicacións. Non pode entender o que pasou, por que o seu amigo se comportou así e cae nunha profunda tristeza.

Ficha técnica

Director: Gustavo Martín Garzo
Guión: Gustavo M. Garzo
Música: Fernando Arroyo
Fotografía: Víctor Hugo Martín Caballero
Montaxe: Txantrea Juárez
Intérpretes: Sagra Fernández Raga, Javier A. Jiménez Nieves Fernández Villalobos. Juan Manuel Rodríguez Tobal (narrador).
Duración: 13 min.
Produtores: Carlos Rodríguez y Alejandro Álvarez
Producion: Producciones El Río

Sobre o director

Gustavo Martín Garzo (Valladolid, 1948)

Psicólogo e escritor. Comezou a escribir poesía dende moi novo, pero acabou optando pola narrativa. As características destacadas da súa obra son as súas referencias a historias e lendas mitolóxicas, bíblicas e a súa inspiración no universo feminino. Coa súa novela El lenguaje de las fuentes foi galardoado co Premio Nacional de Narrativa en 1994 e con Tres cuentos de hadas repetiu o Premio Nacional no 2004 na categoría infantil e xuvenil. En 1999 gañou o premio Nadal coa obra Las historias de Marta y Fernando. Gran amante do cine, fixo a súa primeira incursión neste xénero coa curtametraxe Un dedo en los labios, estreada na 60 Seminci de Valladolid.