Florencio na terra

Domingo D. Docampo | Galicia-España | 2023 | Documental

Categorías: Panorama Galicia 2023
Día: 02.10.2023 |
Horario: 17:00h |
Lugar: Cines Pontevella

Sinopse

O documental narra a fuxida do escritor Florencio Delgado Gurriarán ao comezo da Guerra Civil, cando os falanxistas tentaron acabar coa súa vida. Tras pasar por Portugal, chega a Francia onde embarca cara a México no buque Ipanema. Alí continúa coa súa obra poética e o seu compromiso coa República e o nacionalismo galego e participará na posta en marcha de iniciativas culturais. No documental, no que participa a familia de Delgado Gurriarán, tamén se rende homenaxe ao presidente Lázaro Cárdenas e ao pobo mexicano polo seu apoio ao exilio español.

Ficha técnica

Director: Domingo D. Docampo. Guion/Guión: Domingo D. Docampo. Música: Arturo Kress. Fotografía: Álvaro Riquelme. Montaxe/Montaje: Rocío López. Intérpretes: Documental. Duración: 60 min. Produción Executiva/Producción Ejecutiva: Rosa Ferreiro, Débora Álvarez.