Listen (Escuchar)

ANA ROCHA DE SOUSA | Portugal-Reino Unido | 2020 | Drama

Categorías: Sección Oficial 2021
Día: 26.09.2021 |
Horario: 17:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Día: 28.09.2021 |
Horario: 22:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Día: 30.09.2021 |
Horario: 19:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Listen

Nos arredores de Londres, unha parella portuguesa e pais de tres fillos, Bela e Jota, loitan por chegar a fin de mes. Cando na escola xorde un malentendido coa filla xorda, os servizos sociais británicos preocúpanse pola seguridade dos seus fillos. A película retrata a incansable batalla destes pais inmigrantes contra a lei para manter á súa familia unida.

Ficha técnica

Directora: Ana Rocha de Sousa
Guión: Aaron Brookner, Ana Rocha de Sousa, Paula Vaccaro
Música: Nessi Gomes
Fotografía: Hatti Beanland
Montaxe: Tomás Baltazar
Intérpretes: Kiran Sonia Sawar, Lúcia Moniz, Kem Hassan, Jay Lycurgo, António Capelo
Duración: 73 min
Produtores: Rodrigo Areias, Aaron Brookner, Paula Vaccaro
Produción: Bando À Parte, Pinball London Ltd

Premios

2020, Festival de Venecia: Mejor ópera prima


Sobre o director

Ana Rocha de Sousa

Ana Rocha de Sousa (Lisboa, 1978)

Comezou como cineasta despois dunha exitosa carreira actoral en Portugal. En 2007 realizou unha licenciatura en Belas Artes en Pintura na Facultade de Belas Artes da Universidade de Lisboa, onde desenvolveu a súa paixón polo poder da imaxe visual na fotografía e no cine, gañando a Bienal Young VaLoures polo seu traballo Love_in_Progress. En 2010 trasladouse a Londres para desenvolver as súas habilidades na London Film School.

2020: Listen
2013: Minha Alma and You (Curta)
2013: No Mar (Curta)
2011: Laundriness (Documental)
2009: Jantamos Cedo (Curta)

Galería