Luarada

OSCAR DOVISO | Galicia-España | 2020 | Thriller

Categorías: Sección Oficial
Día: 03.10.2020 |
Horario: 20:30h |
Lugar: Auditorio - Sala central
Luarada. Doviso. OUFF
Entrada gratuita

SINOPSE

“Luarada” conta a historia do famoso Manuel Blanco Romasanta, coñecido por moitos alcumes coma “Lobishome”, “Home Lobo de Allariz”, “Sacauntos”, “Home do unto” e incluso “Home do saco”, do que se di que é o máis grande criminal que coñeceron os tempos, o cal naceu e viviu na Galicia do século XIX e aínda hoxe figura coma o maior asasino en serie da historia documentada de España. Ó seu redor hai numerosas historias e lendas que teñen moitos seguidores por todo o mundo.

Ficha técnica

Director: Óscar Doviso
Guión: Óscar Doviso, Olalla Moreiras, David Caride
Música: Álvaro Iglesias, Tor
Fotografía: Adrián González
Montaxe: Mariana Romero
Intérpretes: Marcos Vázquez, Helen Bertels, Héctor Martínez, José Manuel Mao, Laura Rodríguez, Candela López, Patxi Bisquert
Duración: 37 min.
Produtor: Óscar Doviso
Produción: ZinemusiK Producciones

Sobre o director

Doviso. Director Luarada. OUFF

Oscar Doviso (Ourense, 1978)

Estuda medios de comunicación. En 1994 filma a súa primeira curta “Cuenta atrás”, cunha videocámara doméstica. A finais de 2011 volve a poñerse trala cámara para a rodaxe de “desQue”. En 2014 estrea a impactante curtametraxe “Sin motivo aparente”, no que trata a violencia de xénero dende unha perspectiva diferente. No 2016, coincidindo co centenario do Alzamento de Pascua, Iván e Miguel Caride desenrolan a primeira ópera-rock de Galicia, denominada “The Rebel”, estreada en formato de cinema e conseguindo unha Mención Especial do Xurado e Organización na 40 edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo e estreándose de forma independente a curtametraxe “O Rebelde” no OUFF. Actualmente está a piques de dirixir a curta “Devorados por la noche”, e prepara “El tiempo preservado”.

  • 2020 Luarada
  • 2018 The Rebel
  • 2016 O Rebelde (curta)
  • 2014 Sin motivo aparente (curta)
  • 2012 desQue (curta)
  • 1994 Cuenta atrás (curta)

Galería