Malencolía | Gala de apertura

ALFONSO ZARAUZA | España (Galicia) | 2021 | Terror

Categorías: Sección Oficial 2021
Día: 24.09.2021 |
Horario: 20:30h |
Lugar: Auditorio - Sala central
Malencolía
Entrada gratuita

Sira e Pepe, despois de 10 anos vivindo en Berlín, deciden tomar unha nova dirección na súa vida regresando a Galicia. Con ese obxectivo, mercarán unha casa nunha aldea que consideran abandonada, pero onde vive unha señora coa que manterán unha estraña relación.

Ficha técnica

Director: Alfonso Zarauza
Guión: Alfonso Zarauza
Música: Xavier Bértolo
Fotografía: Alberte Branco
Montaxe: Fernando Alfonsín
Intérpretes: Melania Cruz, Xúlio Abonjo, Iolanda Muiño, X. A. Touriñán, Ledicia Sola, Tito Asorey e Deborah Vukusic
Produtor: Alfonso Zarauza, Martín Claviño, Fernando R. Ojea (TVG)
Produción: Maruxiña Film Company (colabora a Deputación de Ourense)

Sobre o director

Alfonso Zarauza

Alfonso Zarauza (Santiago de Compostela, 1973)

Guionista e director galego. Traballou no Media Business School e foi director de desenrolo da produtora madrileña Iroko Films coa que produciu oito longametraxes, entre elas a súa ópera prima La noche que dejó de llover (2007). No ano 2010 funda en Santiago de Compostela co seu irmán Ruben Zarauza a produtora Maruxiña Film Company na que desenvolve ata a actualidade o rol tanto de guionista como de director. Os fenómenos (2014), Encallados (2013), A Viaxe dos Chévere (2015), Ons (2020) e Malencolía (2021) son os filmes que ten desenvolvido ata momento. Tamén codirixiu dúas series para a TVG: O Nordés (2010) e Augasquentes (2016). Ten dez premios Mestre Mateo e galardóns en festivais de Chile, Bruselas ou Brasil.

2021 Malencolía (Película para televisión)
2020 Ons
2016 Augasquentes (Serie de televisión)
2014 Os fenómenos
2013 Encallados (Película para televisión)
2009 O Nordés (Serie de televisión)
2008 La noche que dejó de llover
2004 Toro (Curta)
1995 ¡Aproba! (Curta)
1994 Hai que foderse (Curta)

Outras obras desta categoría