O gran camiño

The great way

ALBA PROL CID, RAÚL GARCÍA | España | 2020 | Documental

Categorías: Ciclo Xacobeo
Día: 25.09.2021 |
Horario: 22:00h |
Lugar: Teatro Principal
Entrada gratuita

Sinopse

Dous cineastas emprenden unha viaxe por algunhas das rutas a pé máis importantes do mundo na busca de historias que revelen as razóns da natureza camiñante do ser humano. Entre eses camiños está o de Santiago.

Ficha técnica

Directores: Alba Prol Cid, Raúl García.

Guión: Alba Prol Cid, Raúl García.

Música: The Last Internationale, Novedades Carminha, Alberto Cereijo, Nasthashia Zürcher, NEO, Darren Nelson, etc.

Fotografía: Raúl García, Alba Prol, Theresa P. Lousame, Lucas Mansur.

Montaxe: Raúl García, Alba Prol Cid.

Duración: 82 min.

Produtor: Raúl García Pérez.

Produción: Meteórica Cine.

Distribución: Off The Fence.

Premios

New York Cinematography Awards, Istambul Film Awards, White Unicorn International Film Festival (Kolkata, India), Mabig Film Festival (Augsburg, Germany), Druk International Film Festival (Paro, Bhutan), Silk Road Film Awards (Cannes, France), Tagore International Film Festival (Bolpur, West Bengal), etc.


Sobre o director

Alba Prol Cid (Maceda)

Traballou nas películas A Esmorga, Vilamor e Nove Ondas no equipo de produción e imaxe. Actualmente traballa en Meteórica Cine e dá clase de Audiovisual en diferentes ciclos superiores de Imaxe e Son.

Raúl García (A Bola)

Dende 2007 traballou como director, guionista e editor para cine e televisión. Formou parte da produción das películas Un buen hombre e En las Tripas de la Bestia: el rodaje de Lobos de Arga. Actualmente combina o seu traballo en Meteórica Cine coa docencia de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Outras obras desta categoría