Os tempos mortos (do Führer)
DANIEL R. GONZÁLEZ | Galicia | 2021 | Comedia-web serie
Horario: 22:00h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
Horario: 22:00h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
Sinopse
Que facía Hitler cando non estaba exterminando xudeus? Nesta webserie veremos ó Führer pasar os seus ratos libres máis íntimos e coñeceremos a súa parte máis segreda, adentrándonos nos seus enredos, problemas, risas e sentimentos dende a comedia e a sátira.
Ficha técnica
Director: Daniel Rodríguez González
Guión: Diego Temes Garrido
Fotografía: Daniel R. González
Montaxe: Daniel Rodríguez
Intérpretes: Héctor Martínez, Candela López Sánchez, Marcos Vázquez Guzmán, José Manuel Mao, Elena Seijo, Gemma Martínez Villasenín, Uxía Ferreira
Duración: 50 min.
Produción: Conxuro Producions
Sobre o director
Daniel R. González (San Cristovo de Cea/Ourense, 1995)
Traballa na creación e posprodución de contidos audiovisuais. Formouse no IES A Farixa, especializado en produción audiovisual e de espectáculos. Traballou para Adolfo Domínguez, Son Estrella Galicia ou Brandelicious en Madrid e como operador de cámara para Carolina Rubirosa en “Tierra de Nadie”(Videoclip – 2020 – Galicia) e“ Orilla ”(Documental – 2020 -México).