OURENSE FILM FESTIVAL: 25 ANOS DE CINE

HADRIÁN RODRÍGUEZ | Galicia | 2021 | Documental

Categorías: Sesións Especiais
Día: 25.09.2021 |
Horario: 12:00h |
Lugar: Teatro Principal

Sinopse

ESTREA. Documental conmemorativo que fai un pequeno repaso pola historia de 25 anos do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) desde a súa creación en 1996. Presta especial atención ás diferentes seccións que
compoñen o festival e ao gran abano de actividades paralelas que enchen a súa programación. Tamén se fai unha análise do que supón para a cidade contar cun evento destas características, da participación da cidadanía co festival e do seu futuro.

Outras obras desta categoría