Persoas S.A

CARMEN PG GRANXEIRO | Galicia | 2020 | Documental

Categorías: Panorama Galicia
Día: 25.09.2021 |
Horario: 17:00h |
Lugar: Teatro Principal
Entrada gratuita

Sinopse

O colectivo LGBTIQ, e as loitas interseccionais que representa ou pode representar, pénsase nas charlas dos cafés, nas imaxes de arquivo, na manifestación a prol dunha lei trans estatal ou no medio dunha montaña, ao longo da historia e dos continentes, mentres tomas o aperitivo ou teces.

Ficha técnica

Directora: Carmen PG. Granxeiro
Guión: Carmen PG Granxeiro, Cristina Palacios
Música: Creative Commons 3.0
Fotografía: Carmen PG Granxeiro
Montaxe: Carmen PG Granxeiro
Interveñen: Xácia Paris Ceive, Marta Álvarez Quintero, Daniela Ferrández Pérez, Cristina Palacios Castro, Vincent Anthony Eldering Ferreiro, Braulio Vilariño Varela, Laura Halçague, Mai Insua
Duración: 82 min
Produtoras: Amaia Santamarta Benito, Carmen P-G. Granxeiro, Cristina Palacios
Produción: Asociación Arelas (Lugo)

Sobre o director

Carmen Pérez-González Granxeiro

Traballa en torno á creación. No audiovisual destacan pezas como o seu 1948-2016. Un final para empezar, arredor das súas vivencias como muller lesbiana, Atenas. Meeting point, que xira en torno ao movemento cidadán organizado en Atenas con respecto á crise das persoas refuxiadas ou Benvidas ao club, premiado no Festival de Málaga e que se adentra na trata con fins de explotación sexual. Traballa tamén con artistas plásticos en Berlín e participa de experiencias colectivas creativas na The Art House de Nova Orleáns.