Spa Night

ANDREW AHN | Estados Unidos | 2016 | Drama

Categorías: Cine e auga
Día: 27.09.2021 |
Horario: 17:00h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
Entrada gratuita

Sinopse

Os spas coreanos de Los Ángeles serven como lugar de encontro e ponte entre o pasado e o futuro para xeracións de familias inmigrantes; Spa Night explora os soños e realidades dunha familia coreano-americana mentres cada un loita coa superposición do desexo persoal, a decepción e o sentido da tradición.

Ficha técnica

Director: Andrew Ahn
Guión: Andrew Ahn
Fotografía: Ki Jin Kim
Montaxe: Yannis Chalkiadakis Elenco, Julia Kim
Intérpretes:  Joe Seo, Haerry Kim, Youn Ho Cho, Tae Song, Ho Young Chung, Linda Han.
Duración: 83 min.
Produtores: Il Ahn, Mattia Bogianchino, Beatrice Camerana, James Kuan, Marco Mazzonetto, Terry Ahn
Produción:Nonetheless Productions, Extraordinary Renditions

Premios

Sundance Film Festival: Mellor actor (Joe Seo)

Premios Independent Spirit: Premio John Cassavetes

Outfest de Los Ángeles: Premio do Xurado


Sobre o director

Andrew Ahn (Los Ángeles,  1972)

Cineasta coreano-americano nado e criado en Los Ángeles. A súa primeira longametraxe Spa Night estreouse no Sundance Film Festival de 2016. Ahn participou no Sundance Screenwriters Lab, no Film Independent Screenwriting Lab e no Film Independent Directing Lab do proxecto. Ahn é un ex-alumno do Proxecto Involve de Film Independent e promoveu a diversidade nas artes orientando a novos cineastas a través de programas como Reel Voices de Pacific Arts Movement e OutSet de Outfest.