Spitsbergen, O Gardián do Ártico

IGNACIO BENEDETI | Galicia-España | 2019 | Documental

Categorías: Sesións Especiais
Día: 01.10.2020 |
Horario: 20:30h |
Lugar: Teatro Principal
Spitsbergen. Benedeti. Sesións Especiais. OUFF
Compartir:
Entrada gratuita

Ficha técnica

Director: Ignacio Benedeti
Guión: I. Benedeti
Música: Sergio Moure de Oteyza
Fotografía: I. Benedeti, Kunuk Lennert, Gunnar Auss
Montaxe: Alex López
Duración: 79 minutos
Intérpretes: documental
Produtor: I. Benedeti
Produción: IB Cinema

SINOPSE

Un documental que pretende ser tamén, máis alá do desafío técnico, unha chamada de atención sobre as nefastas consecuencias do cambio climático e o quecemento global. Para facelo máis ameno, mestúranse diferentes aventuras que o director viviu a bordo do buque rompexeos Malmö, como o seguimento dunha osa coas súas crías ou a recuperación dunha cámara sumerxida accidentalmente a 140 metros de profundidade, ao mesmo tempo que se plasma a ameaza real causada pola actividade humana descontrolada, que leva a derreter o Ártico.

Sobre el director

Ignacio Benedeti (Caracas, 1959)
Funda IB Cinema (Ignacio Benedeti Cinema) en 1990, primeiramente orientada ao terreo da exhibición cinematográfica itinerante, pero que despois se adentra nos terreos da distribución, a restauración cinematográfica e a exhibición. Como distribuidor é responsable das coleccións Galicia de Cinema e Gallaecia Cinema que, con centos de miles de DVDs, foi a maior iniciativa de distribución de cinema galego xamais acometida en Galicia, conxuntamente con La Voz de Galicia. No terreo da produción, a súa produtora tivo máis de 300 premios internacionais incluíndo o Joris Ivens do IDFA de Amsterdam, o Hot Docs de Toronto, con “La casa de mi abuela”, o Pilar Miró da SEMINCI con “Estigmas”, ademais de dous nomeamentos da Academia do Cine Europeo con “Minotauromaquia: Pablo en el laberinto”. A partir de 2010 inicia unha carreira como director de curtametraxes (de ficción e documentais) e, mesmo, videoclips, co feito diferencial de que só roda con película. “Spitsbergen, o Gardián do Ártico” é a súa primeira incursión como director, guionista e camarógrafo no terreo das longametraxes cinematográficas.

Galería