Tierra de leche y miel

HÉCTOR DOMÍNGUEZ-CARLOS MORA-GONZALO RECIO | Galicia-España | 2020 | Documental

Categorías: Panorama Galicia
Día: 27.09.2021 |
Horario: 17:00h |
Lugar: Teatro Principal
Entrada gratuita

Sinopse

Un retrato coral que vai das feridas da guerra nos Balcáns á realidade actual dos refuxiados sirios en Grecia, concentrándose nun problema xeral que se perpetúa co paso do tempo sen atopar unha solución: o da protección que precisan os que fuxen da barbarie.

Ficha técnica

Directores: Héctor Domínguez-Viguera, Carlos Mora Fuentes, Gonzalo Recio
Guión: Héctor Domínguez-Viguera , Carlos Mora Fuentes , Gonzalo Recio
Fotografía: Gonzalo Recio
Intérpretes: Documental
Duración: 88 min.
Produtor: Andrés Díaz
Produción: Películas de Zerkalo

Premios

Seminci de Valladolid, España 2020: Mellor documental español


Sobre o director

Héctor Domínguez-Viguera (Ourense, 1984)

En 20015 filmou a curta El Pozo na que traballou con Aitana Sánchez-Gijón. Traballa no departamento de dirección de producións nacionais e internacionais como Terminator 6, The Promise ou en series como 30 monedas de Alex de la Iglesia para HBO

Gonzalo Recio (Toledo,1985)

En 2013 creou Zerkalo Films, S.L, unha produtora para a que traballou desde entón como director de fotografía e editor. Combina o desenvolvemento dos seus proxectos persoais con traballos en producións de ficción para Antena 3, Netflix ou Warner.

Carlos Mora Fuentes (Santander, 1979)

Ingresou na Escola de Artes TAI (Madrid) para estudar Dirección de cine. Dirixe dúas curtametraxes: Diles a las Mujeres que nos Vamos (2013) e Arena (2015). Traballa en producións nacionais e internacionais (HBO, Sky TV, Netflix) tanto nos departamentos de dirección como de Arte ou Produción.