A vida de Simón González en “A nosotros tu reino”

Presentación de "A nosotros tu reino"

Historia do deporte, o ourensán Simón González chegou ao cume do kickboxing, gañando trece veces consecutivas o campionato do mundo. Hoxe loita por seguir adiante formando a novos campións a pesar da súa lesión medular. O documental “A nosotros tu reino”, nomeado a 10 premios Goya, chega ao Festival de Cine de Ourense nunha emotiva proxección no Teatro Principal. A película foi presentada por Raquel Menor, produtora e guionista da mesma.

Para Simón González e Paqui, a súa esposa, apoio incondicional dentro e fóra do ring e alicerce fundamental na súa vida, esta tarde foi unha xornada especial. Ambos viviron con emoción a primeira proxección do documental “A nosotros tu reino”, de Horacio Alcalá  (Guadalajara/México, 1978) en Ourense.

Horacio Alcalá

O traballo de Horacio Alcalá foi mostrado por todo o mundo, incluído o Festival de cinema de Boston, o Festival de cinema de NY e Tokio e o Festival Internacional de cinema de Palm Spring. Despois de 7 anos traballando no “Cirque du Soleil”, estableceuse en Madrid traballando como director en diferentes proxectos artísticos enfocados nas artes plásticas e a narrativa circense. Actualmente desenvolve proxectos documentais para a Unión Europea a través dos programas CBC (Cros Border Cooperation) e o programa TESIM da Comisión Europea, ademais de dirixir pezas documentais sobre temas de dereitos humanos para UNHCR.

Panorama Galicia

“A nosotros tu reino” forma parte da selección de 12 filmes que forman parte dunha nova edición do ciclo Panorama Galicia e que se proxectarán nos vindeiros días no Teatro Principal e no cineclube Padre Feijóo. Tras a sesión de hoxe, o OUFF ten prevista nova proxección do documental sobre Simón González. Será o 1 de outubro, ás 19.30 horas no Cineclube Padre Feijóo.