VELIANO DE HONRA: María Xosé Queizán e Nicolás Echevarría
A Fundación Carlos Velo entrega o seu máximo galardón, o Veliano de Honra, de xeito compartido, á escritora e figura relevante no movemento feminista, María Xosé Queizán, e ao director, músico, productor e guionista mexicano Nicolás Echevarría.
María Xosé Queizán
(Vigo, 1939)
Escritora
María Xosé Queizán Vilas, escritora, catedrática de lingua e literatura galega, e figura relevante no movemento feminista en España comeza a súa carreira como escritora xa na súa adolescencia escribindo artigos para o xornal vigués “O Pobo Galego”. Nos anos cincuenta participa en obras de teatro desempeñando varias funcións e creando en 1959 o Teatro de Arte e Ensaio da Asociación da Prensa de Vigo no cal dirixe e interpreta, e de 1967 a 1968 funda e dirixe o “Teatro Popular Galego”. A principios dos setenta trasládase a París onde coñece a nova novela francesa, o que lle axudará a escribir a súa primeira novela en 1965 “A orella no buraco”; obra que a crítica inclúe na Nova Narrativa Galega. En 1977 publica o seu ensaio “A muller en Galicia”. A súa relación co feminismo, incentivada nos seus anos universitarios, lévaa a publicar en 1980 outro ensaio, “Recuperemos as mans”, e a crear unha revista, “A festa dá palabra silenciada”, feita só por mulleres, a cal cordina e dirixe desde 1983. En 1989 publica unha obra de teatro, “Antígona ou a forza do sangue”, coa que queda finalista do Premio Álvaro Cunqueiro. Outra obra de teatro, “Non convén chorar mais”, permanece inedita. Traballou tamén o guión de cinema obtendo un Premio da Xunta de Galicia por “Prisciliano”. O seu primeiro poemario aparece en 1991, seguido por “Espertar dás amantes” en 1993. En 1998 publica o ensaio “Misoxinia e racismo na poesía de Pondal”. O 24 de outubro de 1998, fáiselle unha homenaxe en Vigo e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) outórgalle o seu máximo galardón de Vigo co seu nome a “Letra E”. En outubro de 2018 publicou en Xerais a memoria “Vivir ao galope”.
Ma Xosé Queizán ten outras facetas creativas a través das que expresa o seu compromiso social e as súas preocupacións persoais a prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Así, en 2020 expón na Deputación de Pontevedra a súa obra plástica, co título “Materiais para pensar, gozar e profanar”.
Nicolás Echevarría
(Tepic Nayarit/México, 1947)
Productor, director e fotógrafo
Nicolás Echevarría Ortiz (Tepic Nayarit/México). A súa carreira desenvolveuse inicialmente no cinema documental, ao que chegou polo seu interese na maxia, a relixión e os ritos indíxenas ligados a uso de alucinóxenos. Foi recoñecido pola Academia Mexicana de Artes e Ciencias Cinematográficas co Ariel de prata a Mellor Documental e estivo nomeado en catro ocasiones máis, en diversas categorías.
Realiza estudos de Arquitectura na Universidade de Guadalaxara, e de Música no Conservatorio Nacional na Cidade de México. Á idade de 25 anos, Echevarría viaxa a Nova York, e é aí onde empeza a facer cinema. Inscríbese no Millenium Film Workshop, un taller de cineastas “underground” e realiza estudos de debuxo e animación na School of Visual Arts. Ao seu regreso a México, no ano de 1973, comeza a realizar os seus primeiros documentais relacionados co mundo indíxena, entre os que se atopan: “A peregrinación do Peyote entre os huicholes” ou “Teshuinada”. En 1991, filma “Cabeza de Vaca”, a súa primeira longametraxe de ficción, escrito en colaboración con Guillermo Sheridan, considerada unha das películas mexicanas máis importantes da década dos noventa. Para televisión realizou as series como “A Guerra dos Cristeros” (1997) ou “Carlota” (2004). “Eco da Montaña” (2014), nomeada ao Ariel na categoría de mellor longametraxe documental, é a súa última película ata a data.