XURADO INTERNACIONAL


Estrella Araiza
(Presidente do Xurado)

Directora Xeral do Festival Internacional de Cine en Guadalajara (FICG) e da Cineteca FICG, mantendo o enfoque profesional no cine mexicano e latinoamericano. A súa traxectoria profesional inclúe experiencia como directora de Industria e Mercado do FICG, axente de vendas, académica e distribuidora no territorio mexicano. Iniciou a súa carreira na distribución internacional no 2005; en 2012 comezou actividades coa súa empresa Vendo Cine. Foi xurado en festivais internacionais; ademais de colaborar e participar en mercados de cine de relevancia internacional. Durante o seu paso pola dirección de Industria puxo en funcionamento programas como o da industria inclusiva enfocada a facilitar a persoas con algunha discapacidade o acceso ao goce das películas en pantalla grande ou «El principio del FILM» para acercar a escritores, guionistas e casas editoriais á industria do cine. A partir do 2018 estivo ao fronte dos proxectos especiais do FICG como a exposición na cidade de Guadalajara de Guillermo del Toro: En casa con Mis Monstruos.


Almudena Carracedo

Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid, desenrolou a súa carreira profesional en EEUU onde dirixiu a súa primeira longametraxe documental, Made in L.A., que recibiu un premio Emmy e foi eloxiada polo The New York Times. En 2012 regresou a España para dirixir e producir El Silencio de Otros coa súa produtora Lucernam Films que, tras sete anos de produción, tivo a estrea mundial na Berlinale, onde gañou o Premio do Público e o Premio de Cine pola Paz. Desde entón a película obtivo máis de 40 premios internacionais, como o Premio Goya 2019 á Mellor Longametraxe Documental e o Premio Emmy á Mellor Documental. Foi preseleccionada para los Oscars. Actualmente é profesora de documental na Universidade de Nueva York en Madrid. Participou como xurado en numerosos festivais, incluíndo a Seminci de Valladolid, e é membro da Xunta Directiva de CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais), onde creou e dirixe o programa CIMA Mentoring 1to1.

 

Inés Branco López

Ines Branco López, formada en filosofía na universidade parisiense A Sorbonne, inicia a súa carreira profesional en xestión de programas culturais en diferentes ámbitos: en organismos de dereitos humanos (Fundación Baltasar Garzón), en prisións en Arxentina, Francia e Portugal, e fundando unha editorial independente en Francia (ACEDIA). Desde 2016, traballa como programadora no Lisbon Film Festival (LEFFEST), e como directora adxunta do mesmo desde 2022. Tamén traballa como coordinadora de produción en producións cinematográficas.

 

Isabel Blanco

Isabel Blanco (1974) é presentadora, actriz e produtora de formatos para tv, documentais, e pequenas ficcións. Na actualidade está a preparar a súa primeira longametraxe, ademais de exercer de mestra de cerimonias de eventos e galas. Lanzouse á produción propia como produtora executiva e directora, nun programa de viaxes e entrevistas en Televisión de Galicia: Pasaporte Galego.Como actriz foi recoñecida a nivel nacional en películas como Un Franco 14 Pesetas, e protagonizou xunto a Luis Tosar a exitosa serie Mareas Vivas para TVG. Desde 2002 é Delegada de Aisge en Galicia, e foi membro da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual. es colaboradora habitual de diversos festivais de cinema. En orixe, de formación tradutora e intérprete. Fala sete idiomas.

 

 


XURADO PANORAMA GALICIA


Ángel de la Cruz

Guionista, director e produtor executivo, participou, entre outras producións, en películas como Engurras (2011) de Ignacio Ferreras, O bosque animado (2001) e O soño dunha noite de San Xoán (2005), as dúas escritas e dirixidas por el, e premiadas co Goya á Mellor Película de Animación. A última película de animación foi Memorias dun home en pixama (2018) na que participou como guionista e produtor. Como director e guionista o seu último traballo foi O home e o can, que gañou o premio do público no OUFF de 2022.

Conchi Iglesias

Directora de casting, leva traballando no audiovisual desde hai máis de 15 anos en todo tipo de producións de ficción de cinema e televisión. En 2014 completou o Master en Coach pola Universidade de Salamanca. Os seus comezos están ligados ás series de televisión como axudante de dirección. Neste posto desenvolveu unha relación estreita tanto con directores como con actores, que axudaron a que desenvolvera unha gran capacidade crítica co traballo actoral ao longo da súa carreira. Como directora de casting leva exercendo desde 2023. Traballou, entre outros, en títulos como: Fariña (2018), A illa das mentiras (2020), A desorde que deixas (2020), Lobos sucios (2015), O corpo aberto (2022), Sica (2023), Fatum (2023) ou Salta (2023).

Estibaliz Veiga

Actriz, presentadora, pedagoga teatral e coach, guionista, articulista e directora. Foi bolseira en 2002 polo Consorcio Audiovisual de Galicia e realizou un máster en cinema e tv en Central de Cinema, Madrid e posteriormente estudou con grandes mestres, entre eles Strasberg (Nova York). Recentemente participou na película O home e o can, premio do público no OUFF; en Rapa, serie de ficción de Portocabo e Un pasado por diante, longametraxe dirixida por Olga Osorio. Tamén finalizou a gravación do programa (terceira tempada), en Uruguai, en Brasil, en Arxentina, en México e Panamá. Como pedagoga teatral dirixiu diferentes grupos, especialmente adolescentes. En 2022 levo a cabo traballos de coaching de niñ@s e novos actores en Fátum, Rapa e O home e o can.

 

 


XURADO OUFF EN CURTO


Ledicia Bellón

Ledicia Bellón Rey (Ferrol,1983) é unha directora de fotografía e fotógrafa que comezou a súa carreira na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e despois completou un Máster en Dirección de Fotografía Cinematográfica na ESCAC de Barcelona, consolidando deste xeito o seu camiño no mundo audiovisual. Desenrolou o seu traballo nunha ampla variedade de proxectos, dende o ámbito comercial ata o independente. En proxectos de ficción como Cuñados (2021), Fatum (2023) e Justicia Artificial (2023), así como de non ficción como Memorias Rotas (2010), María Casares: A Muller que viviu mil vidas e, aínda en fase de pre producción, Rapa a película. Desde o ano 2020 asumiu o papel de profesora asociada en Dirección de Fotografía na Universidade de Vigo.

Mamen Casal

Mamen Casal Quintas (Santiago de Compostela, 1991) é actualmente a coordinadora de produción e vendas de Ficción Producciones. Produce a súa primeira curta á idade de 16 anos. Posteriormente trasladase á Bournemouth University, onde cursa o pregrao Film Production and Cinematography. Tralo ano cursado en UK, entra na Escuela de Cine y Audiovisual de Madrid para cursar o Grao de Dirección y Producción de Cine. Tamén realiza estudos na Escuela Internacional de Cine y Televisión de San Antonio de los Baños, Cuba. Antes de finalizar os seus estudos comeza a súa traxectoria profesional, con 22 anos, no departamento de produción en Bambú Producciones. En decembro de 2020 obtivo a axuda MEDIA á Difusión Televisiva pola serie de ficción 3 Caminos.

Adriana Páramo

Adriana Páramo (Vigo, 1985). Licenciada en comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, cursa un máster en dirección de cine na London Film School. O seu máis recente traballo como directora, Anatomía dunha serea, recibiu unha mención especial á mellor curta documental no OUFF 2022. Dirixe tamén vídeo poemas e outras curtas como Illa Pedra (2010), a primeira curta de ficción en galego con audio descrición para invidentes. En Londres traballa durante máis de cinco anos na produción de cinema independente e corporativos. Alí taménfunda o Galician Film Forum (2015), a primeira organización que exhibe cinema galego no Reino Unido. Na actualidade realiza un doutoramento en documental e xénero para a Royal Holloway University (Londres).