Araceli Gonda 

É guionista e xornalista. Estudou Xornalismo e traballou doce anos na redacción de deportes da TVG ata que decidiu probar se podía gañarse a vida escribindo ficción. Presta especial atención á comedia, participou no guión de 18 comidas de Jorge Coira e recentemente en Cuñados ademais de en series como Luci ou Padre Casares (TVG). Tamén lle gusta facer sufrir á xente, como nas dúas tempadas da exitosa Hierro (Movistar + e Arte France).

Alba Prol 

CEO de Meteórica Cine. Produtora, presentadora e directora. Licenciada en Comunicación Audiovisual na USC. Máster en Práctica e Cultura de Medios especializado en Documental (Universidade do Oeste de Inglaterra, Reino Unido). Mestrado en Maxisterio (UVigo). Desde 2011 forma parte de varias producións de televisión e cine no equipo de producción, imaxe e cámara (A Esmorga, Vilamor e Nove Ondas), ademais de ser reporteira e presentadora. Actualmente traballa en Meteórica Cine e imparte clases en diferentes niveis superiores de Imaxe e Son. Codirixiu xunto a Raúl García a longa documental The great way premiada en varios festivais e presente este ano no OUFF.

Alba Gallego

Alba Gallego é script e montadora. Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela e cursou o Máster en Producción e Xestión Audiovisual da Universidade da Coruña. Como script traballou nas longametraxes Jacinto (2020) e Ons (2019), e en series coma La Unidad (2021) ou Néboa (2019). Coma montadora traballou nos documentais Flâneur en Compostela (2020) ou A Lucenza dos Quesada (2016), en curtametraxes coma Fracturas (2021) e en videoclips e varios programas de entretemento para TVG. En 2020 gañou o Premio María Luz Morales a mellor videoensaio sobre audiovisual galego con O vídeo esquecido.