Iván Trujillo-Presidente

Naceu en Tabasco en 1954. É licenciado en Bioloxía pola Facultade de Ciencias da UNAM e cineasta graduado no Centro Universitario de Estudos Cinematográficos da UNAM. A súa carreira comezou en 1980 na Filmoteca da UNAM, promovendo a produción e difusión do cine científico. Como cineasta, centrouse en facer documentais sobre a fauna. En 1988 gañou o Ariel á mellor curtametraxe documental coa película Bolboreta monarca. Adiviñas para sempre. Foi director xeral da Filmoteca da UNAM entre 1989 e 2008. Presidiu a Federación Internacional de Arquivos Fílmicos de 1999 a 2003. De 2008 a 2010 foi agregado cultural de México en Cuba. De 2010 a 2018 foi director do Festival Internacional de Guadalaxara. En maio de 1999 recibiu a condecoración de  Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras, conferido polo goberno francés e en 2006 a Encomenda  ao Mérito Civil que lle conferiu España. Desde febreiro de 2019, é o director xeral de TV UNAM.

Paula Cons

paula-cons-ouffPaula Cons Varela (A Coruña, 1976) é xornalista, produtora, guionista, documentalista e directora de cine. É produtora executiva e directora de contidos de Agallas Films. En 2004 foi o seu ano de entrada na ficción tras gañar o Concurso de Interacción de Guións Camiño do Xacobeo con Ideas de peregrinación. En 2009 debuta na dirección para TV con Trece badaladas.  O documental A batalla descoñecida (2017) foi o súa primeiro traballo como directora para o cine, sendo galardoado en varios festivais e co premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual ao mellor documental. En 2018 dirixiu con Agalla Films o docudrama O Caso Diana Quer. 500 días sobre as investigacións policiais que levaron á resolución do caso Diana Quer. A súa primeira longametraxe de ficción A illa das mentiras gañou o premio Xacobeo no OUFF 2020.

Manane Rodríguez

Directora, guionista e produtora uruguaia cuia carreira cinematográfica transcorre integramente en España. En 1994 fundou en Galicia, xunto co director ourensán Xavier Bermúdez, a produtora Xamalú Filmes. En 1996 dirixiu a súa primeira longametraxe, Retrato dunha muller cun home de fondo; á que segue a coprodución con Arxentina, Os pasos perdidos, (2001); Unha historia para Olivia (2006); Un axuste de contas (2009); Broken Memories (2010) e a coprodución hispano-uruguaia, Migas de pan (2016), seleccionada por Uruguai para representala nos premios Oscar 2017.

Patricia Roda

Directora e produtora. Estudou dirección de cine no CECC (Barcelona). Traballou como directora de produción e produtora executiva en diferentes documentais e longametraxes, entre os que destacan Xogo de espías, El Papa Luna e Cineclub, polo que gañou o premio Gaudí á mellor dirección de produción en 2010. Como directora, co documental El viaje de las reinas, gañou a Biznaga de Prata no Festival de Cine de Málaga. É produtora executiva de Estación Cinema e vicepresidenta segunda da Asociación de Mujeres Cineastas y Medios Audiovisuales (CIMA).

 

 

Carlos Amaral

Realizador, posprodutor, artista vfx, docente, guionista e motiongrapher. En 2010 participou na Berlinale Talent Campus. Dirixiu e produciu Justino, mellor curtametraxe no Shortcutz Lisboa. O seu traballo Lonxe do Edén (2013) gañou Mellor Fotografía no Festival de Cine Ibérico de Badaxoz e o Premio Sophia á mellor curta de ficción. No 2016 estrea Por Diabos e no 2021 Mar Infinito, Premio do Público no Festival Luso Brasileiro.