AUDITORIO (GALA INAUGURAL)
A Banda Pauliña
VENRES 23 SETEMBRO / 20.30H

A Banda Pauliña, capitaneada pola cambadesa Paula Chaves arroupada por uns grandes músicos que levan máis de 20 anos na estrada e que tocaron xunto a bandas como Ska-p, Seguridade Social, Presuntos Implicados, é unha nova proposta galega de country folk que debutou en maio do 2018 co seu primeiro traballo “De- Xeneración”. A súa música sorprende a público e crítica cos seus temas directos, con letras que chegan moi dentro e cun directo demoledor, que non deixa a ninguén indiferente e fai que o público participe no show. No Nadal do 2018, lanza o EP “Decideu non ser de ninguén”, un EP con dous temas moi reivindicativos. Tras o gran éxito destes dous primeiros traballos discográficos, no 2019 métese de novo no estudio de gravación para plasmar en 10 cancións o seu novo traballo que sae a luz en marzo do 2020 e que leva por nome “A Malfalada”. A Banda esta formada por: Iago Jorge, batería; Lolo Arincón, baixo; Paco Montoto, teclados e melódica e Julián Gullón, guitarra.


PRAZA MAIOR
Banda de Música de Lalín
SÁBADO 01 OUTUBRO / 12.00H

A Banda de música de Lalín é unha agrupación musical que existiu dende finais dos anos corenta cando foi dirixida por Jesús Pérez Rivas. No ano 1962 músicos procedentes doutras bandas da zona, comandados por Claudio González López “Claudio do Empalme”, fundador da banda da Penela, xuntáronse para tocar nunha festa de maneira informal. A partir de aí, con directores como Faustino del Río, Amadeo Valero ou Antonio Quintairos, a banda de Lalín seguiu adiante. Nas décadas dos 1970 e 1980, foi coñecida como Banda Cultural de Lalín. En 1992, faise cargo da dirección o holandés Marcel van Bree, que permanecería ata 2004. Foi un dos grandes impulsores do Conservatorio Profesional de Música de Lalín. Baixo a súa dirección, a banda acadou premios en certames a nivel galego. Na actualidade o director é David Fiuza Souto (1985, Vila de Cruces). En Ourense interpretarán unha escolma de bandas sonoras.


EXPLANADA DO AUDITORIO (GALA INAUGURAL)
Compañía Ale Hop
VENRES 23 SETEMBRO / 20.30H

A Compañía Ale Hop leva 35 anos de espectáculo total. Sorpresa e diversión, complicidade escénica, estética peculiar, liberdade e celebración festiva, raíces circenses, misceláneas de linguaxes e xéneros e unha profusa creación de imaxes
se aúnan na forma e maneira de crear de Ale Hop. Cuadrúpedos imaxinarios, paquidermos maxestosos, seres ao máis puro estilo Kubrick e rescatados dos mundos do cómic de ciencia ficción. Cunha estética futurista e a plástica Ale Hop da vida a uns incribles seres, stilts Walkers a catro puntos que corretean, saltan e móvense entre un xentío
atónito e alucinada.


CASCO VELLO/ TEATRO PRINCIPAL (Gala de entrega de premios FAS MUVIS e curtametraxes)
Compañía Ale Hop
SÁBADO 01 OUTUBRO / 19.30H

A Compañía Ale Hop creará ambiente nas rúas do Casco Históricas que rodean o Teatro Principal. Personaxes cromáticos invaden as rúas, como unha explosión de luz e un malgaste de enerxía colorista. Unifica vestiario, maquillaxe e atrezo conseguindo un impacto visual total, o xogo e a interacción cos curiosos é constante e inmediata. Búscaos polas rúas de Ourense.


TEATRO PRINCIPAL (Gala de entrega de premios FAS MUVIS e curtametraxes)
Terrae: human sound of nature
SÁBADO 01 OUTUBRO / 19.30H

Proxecto musical e show audiovisual enfocado a unha simbiose para todos os efectos entre natureza e humanos a través do baile, un costume en desuso que está a caer no esquecemento e que TERRAE quere recuperar, esa conexión coa raíz e a natureza é a filosofía desta nova banda e a súa primeira directriz. Formada
no ano 2020 baixo o confinamento polo Covid-19 por un produtor, un dj e unha artista visual, todos eles cunha longa traxectoria en estilos de música de baile e da denominada Word Music, na que funden todos os seus coñecementos e esforzos en ofrecer un show único na que se coidan todos os detalles de visuais, iluminación e tecnoloxía a través da música electrónica.
Nos seus concertos mesturasen en directo música de raíz, africana, oriental, indu, latinoamericana, galega, con música electrónica de baile dunha maneira orgánica, global, natural e elegante, ofrecendo nunha mesma canción os diferentes ritmos e sonoridades do mundo, todo iso sincronizado a tempo real con visuais e iluminación.


AUDITORIO
Festival Ourense pola Paz
XOVES 29 SETEMBRO / 20:30H

Co gallo da exposición “Ao redor do Universo Beatles” que na pasada primavera organizou a Deputación de Ourense a través da ICC Week 2022 e, inspirados na recreación da escena da cama na que John e Yoko se encerraron en favor da paz en plena Guerra de Vietnam (1969), xurdiu a idea, polos tempos de violencia e guerra que vivimos actualmente, de realizar un vídeo reproducindo as escenas gravadas naquel entón. Esta vez adaptado aos aires galaicos achegados, entre outros, pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. A dirección deste vídeo correu a cargo de Chema Ríos contando coa produción musical de Juan de Dios Martín, a montaxe de Raúl Lorenzo, con Mey Ayala e Javier Parisi como principais protagonistas acompañados por un grupo de entusiastas amigos, e co patrocinio da Deputación de Ourense. Deste xeito, nesta 27a edición do Festival de Cine de Ourense estrearase en primicia o resultado deste traballo, o videoclip “Dejemos sitio a la paz”. Todo terá lugar no marco da recreación da celebración dun concerto similar ao celebrado pola Paz por Jonh y Yoko en 1969, no que estiveron acompañados entre outros por Eric Clapton, George Harrison e Bo Biddley. Nesta ocasión contaremos con músicos e bandas como Habitación Vudú, Extrema Urgencia, Cómplices, Javier Gurruchaga, Javier Parisi e Xoel López.
Contarase tamén coa colaboración da actriz Ledicia Sola no papel de condutora deste festival.


AUDITORIO – (GALA DE CLAUSURA)
Soundtracks
VENRES 30 SETEMBRO / 20:30H


O cinema sempre estivo unido estreitamente á música, por iso, Soundtracks fainos viaxar polas máis famosas películas do cinema a través das súas bandas sonoras.
Interpretadas por catro músicos profesionais que unen a súa dilatada experiencia nun proxecto conducido pola elegante voz do seu vocalista, consegue trasladarnos a esas escenas tan irrepetibles e recoñecidas por todos e que só podemos atopar no cinema. O grupo está formado por:
Carmen Rosende: Voz, Alberto Sanchez: Pianista, David Cid: Bajista, José Antonio Sila: Batería