A voda de Rosa

ICíAR BOLLAÍN | España-Francia | 2020 | Comedia

Categorías: Inédito en Ourense
Día: 29.09.2020 |
Horario: 17:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Día: 02.10.2020 |
Horario: 22:00h |
Lugar: Cines Pontevella
La boda de Rosa. Icíar Bollaín. Ciclo Inéditos. OUFF
Compartir:
Entrada gratuita

Ficha técnica

Directora: Icíar Bollaín
Guión: Icíar Bollaín , Alicia Luna
Música: Vanessa Garde
Fotografía: Sergi Gallardo , Beatriz Sastre
Montaxe: Nacho Ruiz Capillas
Intérpretes: Candela Peña, Sergi López, Nathalie Poza, Paula Usero, Ramón Barea, Xavo Giménez, María Maroto
Duración: 99 min.
Produtores: Cristina Zumárraga, Pablo Bossi, Lina Badenes, Fernanda del Nido, Alexandra Lebret
Produción: Películas en Tándem , Películas de Turanga , Setembro Cine , Televisión Española (TVE) , Movistar +

SINOPSE

A piques de cumprir 45 anos, Rosa entende que sempre viviu polos demais e decide marchar, deixalo todo e presionar o botón nuclear. Quere facerse cargo da súa vida e cumprir o soño de ter o seu propio negocio. Pero pronto descubrirá que o seu pai, os seus irmáns e a súa filla teñen outros plans e que cambiar de vida non é tan sinxelo se non está no guión familiar.

Sobre el director

Icíar Bollaín (Madrid, 1967)
Directora e actriz, debutou como actriz aos 16 anos na película “El sur” (1983). Dous anos despois, comeza os seus estudos en Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid. Ao ano seguinte, ponse ás ordes do seu tío Juan Sebastián Bollaín na comedia “Las dos orillas del mar”. En 1991, consigue o seu primeiro papel protagonista no drama “Sublet”, a longametraxe de directora Chus Gutiérrez. Despois de dirixir as curtas “Baja corazón” e “Los amigos del muerto”, rodou a súa primeira longametraxe “Hola, ¿estás sola?” (1995), protagonizada por Candela Peña. Catro anos despois, dirixiu a súa segunda película, a comedia dramática “Flores de otro mundo”. O seu éxito como directora chegou no 2003 co drama “Te doy mis ojos”, polo que gañou o Goya como mellor directora. En 2007, rodou “Mataharis” e dous anos despois, “También la lluvia”, protagonizada por Luis Tosar e Gael García Bernal. Como actriz, participou en algunhas producións de televisión como na miniserie “Miguel Servet, sangue e cinzas” (1989) e na exitosa serie “Cuéntame cómo pasó” (2006).

Galería