Inés París – Presidenta

É guionista e directora de cinema e televisión. Foi produtora executiva e autora, entre outras, de series como: “La valla”, (actualmente en emisión en Antena Tres e Netflix) e  “El Accidente” de Mediaset. Escribiu e dirixiu as películas “La noche que mi madre mató a mi padre” (2016), “Miguel y William” (2007),  “Semen, una historia de amor” (2005) e  “A mi madre le gustan las mujeres” (2002). E os documentais “Manzanas, pollos y quimeras”  (2014), “Ellas son… África” (realizado en 2010 en Malí-Etiopía-Mozambique y Senegal ) o “Igual-es”  (serie para TVE-2011).

Fundadora e ex presidenta de CIMA (Asociación de Mujeres do Audiovisual Español) pertence á súa Xunta Directiva.  Ex presidenta da Fundación SGAE. Conselleira da Fundación Mujeres por África. Publicou numerosos artigos e colaboracións en libros que recollen as súas reflexións e achegas no terreo da igualdade de mulleres na cultura. Neta de Fermín Bouza Brey e sobriña de Fermín Bouza, sempre subliñou a súa profunda vinculación con Galicia. 

Inés París, presidenta del jurado

Marta Blasco

Apaixonada pola fotografía desde moi nova, os seus primeiros pasos no medio audiovisual foron como axudante do fotógrafo publicitario Fernnando Garrido. De aí pasou ao mundo do cinema onde se iniciou como axudante de produción nas series “La Mujer de tu vida” de Fernando Trueba e “La Huella del Crimen” de Pedro Costa. Transcorridos tres anos uniuse ao departamento artístico, traballando con diferentes directores de arte como Félix Murcia, Juan Botella ou Juan Pedro Gaspar. 

Moitas das películas nas que participou foron galardoadas con importantes premios, como “Belle Époque”, Óscar á mellor película estranxeira, Goya á dirección de artística e “Tirano Banderas”, “Días Contados”, “El perro del Hortelano”, “Bwana”, “Secretos del Corazón” e “La Sombra de la Ley”, premios Goya á mellor dirección de arte. Foi nomeada como mellor Dirección Artística pola película “Segundo Asalto”, de Daniel Cebrián. Participou en anuncios publicitarios e series para televisión como “Hay alguien ahí”, “Ángel o demonio”, “Bajo Sospecha” ,”Vergüenza 3”, “Los favoritos de Midas”… Dende hai uns anos imparte clases na ECAM.

Marta Blasco- jurado

Eva Gancedo

As súas obras foron interpretadas, entre outros, pola Orquestra Sinfónica de Praga, a Orquestra da RTVE ou o Grupo de Cámara de Ara Malikian. Como compositora de bandas sonoras, traballou con directores como Ricardo Franco ou Rafael Gordon, e no ámbito escénico, con directores de teatro como José Monleón ou de danza como Carmen Senra.

Recibiu o Premio Goya da Academia de Cinema á Mellor Banda Sonora Orixinal pola música para a longametraxe, A boa estrela, e varios nomeamentos a Mellor Banda Sonora Orixinal e Mellor canción, pola noite do irmán e Arderás comigo. Tamén obtivo o Premio do Círculo de Escritores Cinematográficos á Mellor Banda Sonora Orixinal pola súa participación nas películas A Raíña Isabel en persoa e A Boa Estrela, así como o nomeamento de Mellor Música de TV nos Premios da Academia de Televisión pola rosa de pedra. Actualmente imparte clases no Máster en Composición para Medios Audiovisuais no Centro Superior Katarina Gurska.

Eva Gancedo, jurado

Carlos Blanco

Como actor, traballou en filmes como “Heroína” de Gerardo Herrero, “Sé quien eres” de Patricia Ferreira ou “Volver” de Pedro Almodóvar, entre outros traballos cinematográficos. En Televisión protagonizou “Una bala para el rey” dirixida por Pablo Barrera para Antena 3, coprotagonizou a histórica serie “Mareas vivas” producida por Antón Reixa para TVG, e traballou noutras series como “Lobos”, “Os Atlánticos”, “El comisario”, “Hospital Real”… Formou parte do elenco da serie “Fariña”, producida por Bambú para Antena 3. E recentemente participou nas series “La Unidad” de Movistar, e “Los favoritos de Midas” de Netflix.

Como autor e director, creou múltiples espectáculos como “Directamente Paco I e II”, Humor Neghro
(colaborando co músico guineense Manecas Costa), Dillei, Ordem e progreso, iLalelo! (colaborando co músico Budiño) ou Menú do Día e Menú da Noite colaborando co debuxante Luis Davila. A súa primeira colaboración co actor Xosé A. Touriñán bateu records de asistencia de público en Galicia con máis de 50.000 entradas vendidas. O espectáculo chamouse “Somos Criminais” dirixido por Tito Asorey. Actualmente ten en cartel dous espectáculos: a segunda colaboración con Touriñán, titulada “Unha noite na praia” dirixida por Javier Veiga, e “Quen dixo medo” no que comparte escenario con Oswaldo Digón.

Carlos Blanco, jurado