Mostrar o potencial da industria do videoxogo e a súa relación co sector audiovisual motivan á organización do Ourense Film Festival (OUFF) a estrear sección en 2023: OUFF Game Sessions. A aposta do festival ourensán estrutúrase, por unha parte, no Foro “Videoxogos, a nova narrativa audiovisual”, e, por outra, na establecendo catro galardóns dirixidos a estudios e profesionais de Galicia: Mellor Videoxogo -cun premio de 800 euros e trofeo conmemorativo-, Mellor Narrativa, Mellor Arte e Proposta máis Innovadora, con 400 euros e trofeo cada un deles. O domingo 1 de outubro é a data escollida para a estrea desta sección do festival.

A Game Session nº 1 do OUFF está coordinada por David Babarro, graduado en Comunicación Audiovisual e máster en Deseño e Desenvolvemento de Videoxogos, dos que é un apaixonado. O cartel desta nova sección do festival é da autoría de Pablo Ferreira Álvarez, alias “Shehazz” no mundo dos videoxogos, ilustrador dixital e deseñador de Ourense.

 


Domingo 1 de outubro
– Centro Cultural Marcos Valcárcel –


17:00 h. Foro inaugural “Videoxogos, a nova narrativa audiovisual”.
Participan:

Carlos Dorado. Desenvolve videoxogos, é animador, guionista e músico, con estudio (Qaramelo Videoxogos). De Ourense, afincado en Vigo.
Luis Emilio Fernández Santiago. “Fara”. Profesor asociado do departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo. Profesional de posprodución audiovisual e modelado/animación 2D e 3D.
Olaia Ferrando. Product designer en Ancora e investigadora de videoxogos. Especialista en Experiencia de Usuario.
Pablo Monroy. Desenvolve videoxogos e é de Vigo. Cofundador de OverPowered Team.

18:30 h. Comunicación dos gañadores dos premios OUFF Game Awards
O xurado está composto por:

Beatriz Legerén Lago (voceira), Doutora en Comunicación Audiovisual. profesora no Departamento de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. Deseñadora, crítica e investigadora de videoxogos; Olaia Ferrando: Product designer en Ancora e investigadora de videoxogos e Antonio Pena, profesor titular profesor titular na E.E. Telecomunicación da Universidade de Vigo, centrado actualmente nas contornas virtuais (videoxogos, simuladores, Realidade Virtual)

 

Pablo Monroy

 

Olaia Ferrando

 

 

Luis Emilio Fernández Santiago. “Fara”

 

Carlos Dorado