La odisea de los giles

Heroic losers

SEBASTIÁN BORENSZTEIN | Arxentina-España | 2019 | 116'

Categorías: Sección Oficial
Día: 30.09.2019 |
Horario: 20:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Día: 03.10.2019 |
Horario: 22:30h |
Lugar: Cines Pontevella
La odisea de los giles - Sección Oficial 2019
Compartir:

Ficha técnica

DIRECTOR: Sebastián Borensztein 
GUIÓN: Sebastián Borensztein, Eduardo Sacheri (Novela: Eduardo Sacheri)
MÚSICA: Federico Jusid
FOTOGRAFÍA: Rodrigo Pulpeiro
INTÉRPRETES: Ricardo Darín, Luis Brandoni, Chino Darín, Verónica Llinás, Daniel Aráoz, Carlos Belloso, Rita Cortese, Andrés Parra
PRODUTORES: Fernando Bovaira, Leticia Cristi, Chino Darín, Ricardo Darín, Simón De Santiago, Axel Kuschevatzky, Matias Mosteirín, Federico Posternak, Hugo Sigman
PRODUCIÓN: Mod Producciones / K&S Films / Kenya Films
DISTRIBUCIÓN EN ESPAÑA: Alfa Pictures

En Arxentina coñécese como “gil” a unha persoa boa, inxenua e un pouco incauta, como o grupo de veciños dun pequeno pobo que deciden crear unha cooperativa agrícola para superar a crise económica. Pero serán vítimas dunha estafa e decidirán tomar a xustiza pola súa man para recuperar o perdido.

Sobre el director

SEBASTIÁN BORENSZTEIN. Guionista e director de cine arxentino, está titulado de Ciencias da Comunicación na Universidade do Salvador e formado como director de actores na escola de Augusto Fernandes. É o responsable do guión e a dirección de case tódolos seus proxectos e foi pioneiro na realización de unitarios, un tipo de series de televisión con tratamento cinematográfico. En 2001 foi distinguido co premio Konex como un dos cinco mellores directores de televisión da década. En 2005 concentrou a súa carreira no cine. A súa ópera prima “La suerte está echada” valeulle varios premios internacionais, entre eles, o premio Descubrimento da Crítica Francesa, no Festival de Cinema Latinoamericano de Toulouse. Máis adiante rodou “Sin memoria” e logo chegaría “Un cuento chino”, protagonizada por Ricardo  Darín e que gañou o Goya á mellor película latinoamericana e varios premios no Festival internacional de Roma.

2019: La odisea de los Giles
2016: Kóblic
2011: Un cuento chino
2010: Sin memoria
2005: La suerte está echada

Galería