Roteiros de cinema OUFF 2023

A provincia de Ourense é un gran plató de cinema no que directores e directoras atopan as paisaxes e lugares perfectas para contar as súas historias. Espazos naturais ou urbanos da provincia aparecen en filmes de gran recoñecemento. Por iso, dende o Ourense Film Festival (OUFF) propoñen saír a coñecer estes escenarios con tres roteiros.

Consisten en visitas guiadas por varias vilas, con saída dende Ourense, en autobús.  Cunha parada para xantar en Ourense (non inclúe comida).
De balde. Prazas limitadas.
Inscrición:cultura@depourense.es

Roteiro 1 – Ourense – Pazos de Arenteiro – Moldes
Luns 2 de outubro

Hora de inicio: 9:30 (saída dende a Deputación de Ourense)

O roteiro comeza en Ourense, ás 9:30 na Deputación. Dende aí a visita pasará por lugares como a Praza Maior, o Casco Vello, As Burgas ou a Catedral, espazos vinculados ás películas Los girasoles ciegos, A esmorga, 13 exorcismos, Cuñados, O home e o can, Hospital Central (serie de televisión), Pelerinaxes, Santoalla e Años después.

A parada para xantar será entre ás 13:00 e ás 14:30. A visita continuará en Pazos de Arenteiro, pasando polos escenarios da película de Isabel Coixet, Elisa y Marcela: a Igrexa San Salvador, o entorno do río Arenteiro ou a casa das protagonistas do filme. Ás 16:15 horas, realizarase unha parada en Moldes, lugar de rodaxe de Elisa y Marcela e tamén de A Esmorga, para ver a igrexa románica de San Mamede de Moldes ou a carballeda.

Finalmente, ás 17:30 o autobús voltará a Ourense (horario aproximado)

Filmes: Los girasoles ciegos, A esmorga, 13 exorcismos, Cuñados, O home e o can, Hospital Central (serie televisión), Pelerinaxes, Santoalla, Años después, Elisa y Marcela.

Roteiro 2 – Ourense – Esgos- Allariz – Celanova
Mércores 4 de outubro

Hora de inicio: 9:30 (saída dende a Deputación de Ourense)
Hora de fin: 17:30 (volta cara Ourense, horario aproximado)

O roteiro comeza en Ourense, ás 9:30 na Deputación, cunha parada na Alameda ás 10:00 horas. Dende aí a visita pasará por Esgos, para coñecer as localizacións da película Live is life, de Dani de la Torre, en San Pedro de Rocas.

Ás 12:00 horas, en Allariz, os filmes protagonistas serán A lingua das borboretas, Cuñados e La Virgen del cristal, xa que se filmaron en lugares como a Ponte Romana, a Praza de Abaixo, Rúa da Cruz, o convento de Santa Clara ou a taberna O Pepiño.

A parada para xantar será en Allariz entre as 14:00 e as 15:30 horas.

A visita continuará en Celanova, visitando o Mosteiro, a Praza Maior, a Alameda ou a placa conmemorativa “bosque do lobo”. Estes lugares foron escenario das rodaxes de Elisa y Marcela, Años después, El desorden que dejas ou El bosque del lobo.

Filmes: Live is life, A lingua das borboretas, Cuñados, La virgen de cristal, Elisa y Marcela, Años después, El desorden que dejas, El bosque del lobo

Roteiro 3 -Ourense – San Clodio – Ribadavia- Melón

Venres 6 de outubro
Hora de inicio: 9:30 (saída dende a Deputación de Ourense)
Hora de fin: 17:00  (volta á Ourense, horario aproximado)

O roteiro comeza en Ourense, ás 9:30 na Deputación, cunha parada na Alameda ás 10:00 horas, para ir ata San Clodio e Leiro, onde o Mosteiro de San Clodio e a Ponte Medieval, foron escenario das rodaxes de Los girasoles ciegos e Cuñados.

Ás 11:30 horas visita trasládase ao Museo do Viño de Galicia, onde se gravou a curta de fillas de Ribeiro e Viñedos.

Entre as 13:00 e as 15:00 será a parada para xantar, en Ribadavia. Depois, nesta vila a visita pasará polo barrio xudeo, a Taberna do Papuxa, a igrexa de San Antón ou o río Avia. Estes foron escenarios dos filmes A esmorga, Cotolay, El desorden que dejas (serie de televisión) e Olvido y León.

A última parada antes de regresar a Ourense será o Mosteiro de Santa María en Melón, onde se gravaron Cotolay e Las brujas de E´lente.

Lugares da visita: Ourense, Alameda, San Clodio, Leiro, Santo André de Camporredondo, Ribadavia, Melón
Filmes: Los girasoles ciegos, Cuñados, corto de Fillas do ribeiro, Viñedos, A esmorga, Cotolay, El desorden que dejas , Olvido y León, Las brujas de E´lente