Mileth – De bruma e salitre

Xaime Miranda | 2019 | 7'

Categorías: OUFF En Curto | Videoclips
Día: 02.10.2019 |
Horario: 22:30h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
Día: 03.10.2019 |
Horario: 20:00h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
Compartir:
Entrada gratuita
Este videoclip xira en torno a dous eixos conceptuais: Por un lado recrea a temática da canción de Bruma e salitre, unha epopea ás raíces e á importancia de preservar o patrimonio histórico, cultural e natural propio a través da transmisión de xeración en xeración. Noutra liña, inspírase na temática do disco ao que pertence: Catro pregarias no albor da Lúa Morta. Este recrea a viaxe da alma, desde o comezo da vida ata máis aló da morte, ata “o alén”. Esta sufrirá distintas transformacións baixo catro ritos realizados a través dos catro elementos, para concluír na fin do camiño coa danza do “abellón”, onde a espiral volve a xirar, onde todo comeza de novo, baixo o albor dúa Lúa Morta.

Sobre el director

XAIME MIRANDA. É un realizador audiovisual con unha xoven pero moi productiva traxectoria na que desenvolveu diversidade de proxectos: trailers, ensaio audiovisual, documental… mais é como realizador e director de videoclips onde está a volcar toda a súa creatividade. Os seus traballos destacan por unha personalidade moi marcada, un coidado aspecto estético e unha linguaxe moi cinematográfica. No seu currículo podemos atopar multitude de traballos para bandas como Dios ke te Krew, The Brosas, Agoraphobia, Mequetrefe, Oh! Ayatollah, Familia Caamango ou Basanta.