EXTRAMUROS

Os muros neste caso son metafóricos. Ao falarmos da experiencia do filme máis aló da sala de cinema falamos de todas esas proxeccións que se completan con presentacións de obxectos irmáns á película (DVDs, libros…), con música en directo, falamos mesmo da oportunidade de visionar dous filmes cando aínda se atopan no momento da súa xestación, o que habitualmente se chama WIP (ou work in progress).