XURADOS OUFF ESCOLA

Anxos Fazáns

(Pontevedra, 1992). Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, posteriormente estuda o Máster de Dirección de Cine na ESCAC. Traballa como axudante de dirección e script en diferentes curtas e longametraxes. Ademais escribe, dirixe e edita os seus propios proxectos. Actualmente atópase no proceso de edición da súa próxima curta Area e no desenvolvemento da que será a súa primeira longametraxe, A estación violenta.

Deborah Vukusic

(Ourense, 1979). Licenciada en Filoloxía Hispánica pola UAH e en Interpretación Textual pola Real Escola Superior de Arte Dramático. Nos seus últimos traballos destacan as longametraxes La playa de los ahogados, Vilamor, Personal Movie, A pesar de todo quérote, Inevitable e Todos os santos; e as obras de teatro Presas, No es país para coños e Raclette. Tamén participou en series como El final del camino, Luci, Matalobos, L.E.X., La tira ou El comisario

Gregorio Ferreiro Fente

Funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, é actualmente asesor técnico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, organismo público dentro do que participou na redacción, posta en marcha ou coordinación de proxectos como o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega ou a Comisión Interdepartamental da Xunta de Galicia. Paralelamente, é autor de libros e de artigos e ensaios sobre escritores, aparecidos en publicacións especializadas e de divulgación e xornais.

Manoli Maseda

(Ourense, 1965). É doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Vigo. Nestes intres desempeña o posto de coordinadora territorial dos equipos de dinamización lingüística da provincia de Ourense.

Simone Saibene

(Busto Arsizio, Italia, 1977). Docente e coordinador de ciclos de cine, xornalista, publicista e crítico audiovisual, colabora con varios medios e institucións, entre outros, a revista de cine Duellanti, o Instituto Cervantes de Milán, o CGAI da Coruña, a ESAP d’O Porto, a Universidade de Vigo e Onda Cero Ourense, onde os venres ten o seu espazo dedicado ao cinema chamado Butaca Cero. A súa última película como director chámase Pelerinaxes (2016).