AQUARIUS

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: AQUARIUS
Ano: 2016
País: Brasil, Francia
Duración: 144′
Dirección: Kleber Mendonça Filho
Guión: Kleber Mendonça Filho
Reparto: Sonia Braga, Jeff Rosick, Irandhir Santos, Maeve Jinkings, Julia Bernat, Carla Ribas, Fernando Teixeira, Rubens Santos, Humberto Carrão
Fotografía: Pedro Sotero, Fabrício Tadeu
Montaxe: Eduardo Serrano
Produción: CinemaScópio, SBS, VideoFilmes, Globo Filmes
Distribución: AVALON
Web: www.avalon.me

AQUARIUS

01.11 | 22:15 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE

Clara, unha ex-crítica musical de Recife de 65 anos, vive retirada nun edificio particular, o Aquarius, construído na década de 1940 sobre o paseo marítimo. Un importante promotor comprou todos os apartamentos, pero ela négase a vender o seu e emprende unha guerra fría contra a empresa que a acosa. A estresante situación pertúrbaa e lévaa a pensar na súa vida, no seu pasado e nos seus seres queridos.