EL INMORTAL

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: EL INMORTAL
Ano:
2005
País: México, Nicaragua, España
Duración: 80′
Dirección: Mercedes Moncada
Guión: Mercedes Moncada
Música: Diamanda Galás, Camara Kambon
Reparto: Familia Rivera
Fotografía: Javier Morón Tejero
Montaxe: Mercedes Moncada, Viviana García-Besné García
Produción: Aarón F. Lesur, M. Moncada, Puy Oria, Montxo Armendáriz, Chango Films, Oria Films
Distribución: MMR

 

EL INMORTAL

O INMORTAL
30.10 | 22:15 | TEATRO PRINCIPAL*

Asiste Mercedes Moncada (directora)

A familia Rivera é boa mostra de como a división, a manipulación relixiosa, o machismo e a pobreza son parte do legado da guerra de Nicaragua. A súa historia é unha máis entre tantas en Nicaragua, unha familia desmembrada a partir da guerra que dividiu aos fillos en bandos contrarios. Cando tentan transcender a lembranza das feridas da guerra, das mortes que cada un deles carga na memoria, das culpas e os odios mutuos, atopan un tecido social en descomposición que segue a separalos.