OBRADOIROS

MASTERCLASS DE EFECTOS ESPECIAIS FÍSICOS

Impartida por Federico Ransenberg

21.10 | 10:30 | CENTRO DE INNOVACIÓN SOCIAL DIGITAL LA MOLINERA*

*Previa inscrición

Federico Ransenberg repasará os distintos tipos de efectos especiais físicos, ofrecendo ás persoas que asistan ferramentas para avaliar os efectos, tanto dende o punto de vista técnico como no relativo a dirección, produción ou iluminación.

MASTERCLASS DE EFECTOS ESPECIAIS PARA NENOS

Impartida por Federico Ransenberg

27.10 | 11:00 | MUSEO MUNICIPAL*

*Previa inscrición

Os máis pequenos poderán achegarse tamén ao mundo das trucaxes e efectos cinematográficos da man do experto arxentino responsable de Relatos salvajes ou El perfume.

OBRADOIRO DE VÍDEO PARTICIPATIVO

Proxección das pezas resultantes

27.10 | 17:00 | TEATRO PRINCIPAL
ENTRADA GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO

Os especialistas en comunicación e educación Gingko desenvolveron durante os meses de setembro e outubro un obradoiro de realización de filmes con smartphones para os rapaces e rapazas do Centro A Carballeira, guiando un proceso social cos obxectivos de construír novas ligazóns entre as persoas do grupo, reforzar a autoestima e poñer en valor a diversidade sociocultural da cidade.