Elisa y Marcela

ISABEL COIXET | España | 2019 | 129'

Categorías: Sesións Especiais
Día: 03.10.2019 |
Horario: 17:30h |
Lugar: Teatro Principal
Elisa y Marcela
Compartir:
Entrada gratuita

Ficha técnica

Directora: Isabel Coixet
Guión: Isabel Coixet, Narciso de Gabriel
Música: Sofia Oriana Infante
Fotografía: Jennifer Cox (B&W)
Reparto: Natalia de Molina,  Greta Fernández, Sara Casasnovas,  Tamar Novas, María Pujalte, Francesc Orella,  Lluís Homar.
Produtores: José Carmona, Zaza Ceballos, Joaquín Padró, Mar Targarona
Produción: Rodar y Rodar / Netflix España / Lanube Películas / Zenit / TV3

En 1885, Elisa e Marcela coñécense na escola onde traballan. O que comeza como unha gran amizade termina nunha relación amorosa que teñen que vivir ás agachadas. Os pais de Marcela sospeitan desta relación e envíana ao estranxeiro uns anos. Á súa volta, o reencontro con Elisa é máxico e deciden ter unha vida en común.

Sobre el director

ISABEL COIXET. Directora española nada en Barcelona. Comezou a facer películas cando lle regalaron unha cámara de 8 mm pola súa primeira comuñón. En 1988, Coixet realizou o seu debut como guionista e directora con “Demasiado viejo para morir joven”, película que lle supuxo a candidatura aos Premios Goya na categoría de Mellor Director Novel. Realizou a súa primeira película en inglés en 1996 que titulou “Things I Never Told You” (“Cousas que nunca che dixen”), un emotivo drama cunha repartición de actores estadounidenses encabezado por  Lili Taylor e Andrew McCarthy que lle valeu a súa segunda candidatura aos Premios Goya na categoría de Mellor Guión Orixinal. Coixet asociouse cunha produtora francesa e en 1998 volveu de novo a un guion en español para realizar a aventura histórica, “A los que aman”, que inaugurou a terceira edición do OUFF. O éxito internacional chegoulle en 2003 da man do drama intimista “My Life Without Me” (“Mi vida sin mi”). No verán de 2016 dirixiu a longametraxe “The Bookshop”, titulado en España “La librería”. Coixet dirixiu varios documentais, recibiu numerosos premios Goya, un Ariel en México e distincións honoríficas como a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2009).