AMOR, AMOR

FICHA TÉCNICA

SON:  António Pedro Figueiredo (Copi), Ricardo Leal
REPARTO:  Jaime Freitas, Ana Moreira, Margarida Vila-Nova, Nuno Casanovas, Guilherme Moura, Joana de Verona, Maya Booth, Eduardo Frazão
FOTOGRAFÍA:  João Ribeiro
MONTAXE:  José Rito
PRODUCIÓN:  C.R.I.M. / Joana Ferreira e Isabel Machado
DISTRIBUCIÓN:  Portugal Film – Portuguese Film Agency
WEB:  www.portugalfilm.org
CONTACTO: portugalfilm@indielisboa.com

AMOR, AMOR

Jorge Crámez  |  Portugal  |  2017  |  107’

25.10 | 19:30 | TEATRO PRINCIPAL* | ENTRADAS  
26.10 | 22:15 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE* | ENTRADAS 

*Coa presenza de Jorge Crámez (director) e Jaime Freitas (protagonista)
Como pode poñerse en imaxes a silenciosa tormenta das pulsións amorosas? Quizais perseguindo o rostro de Ana Moreira cando o amor e o desamor a golpean, como fai aquí Jorge Crámez. Ou talvez fundindo o rostro dos protagonistas con pinturas clásicas para revelar que, en realidade, o sentimento romántico móvese a través de círculos eternos. O cinema será sempre un xogo e o amor será un misterio, dúas ideas nas que perderse a través dunha cativadora posta en escena. Todos calan e unha mirada resume todo o sentido. E aínda que se din moitas, as palabras palidecen.

Jonay Armas

Jorge Crámez

Graduado en Estudos de Medios de Comunicación, Cinema e Montaxe no Teatro de Lisboa e na Escola de Cine. A súa primeira longametraxe, O capacete dourado, estivo seleccionada para a competición oficial en Locarno. Na actualidade imparte Linguaxe e técnicas narrativas en cine e vídeo na Universidade Lusófona de Lisboa.