HIERBA

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: HIERBA
Ano: 2015
País: Arxentina
Duración: 63′
Dirección: Raúl Perrone
Guión: Raúl Perrone, Fernando Sdrigotti
Música: DJ Negro dub, Che Cumbe, Juan Marco Litrica
Reparto: Dulce Huilen Azul, Guilermo Quinteros, Evelyn Cazal, Nestor Gianotti, Óscar Purita, Jorge Izzo
Fotografía: Raúl Perrone, Alejandro González, Ivan Moskovich, Martín Farina
Produción: Les Envies Que Je Te Desire, Trivial Media, Películas Anti-Autor

HIERBA

HERBA
03.11 | 22:30 | EL PUEBLO CAFÉ CULTURAL * (Entrada libre ata completar aforo)

*Proxección especial con música: Chico-Trópico Meets Raúl Perrone

Hierba toma como pano de fondo a pintura de Édouard Manet “Xantar sobre a herba”, e constrúe unha reflexión sobre o desexo, as pulsións e mesmo as represións. Catro personaxes xantando relaxadamente sobre o céspede evocan aquela obra e son, na de Perrone, os protagonistas do relato, que á maneira da técnica da colaxe vai ensamblando imaxes e sons, prescindindo totalmente das palabras. Coma no cinema mudo, acenos, olladas e movementos salientan as situacións, estados e obsesións que viven os personaxes do filme, tan lúdico como experimental.