VISIÓNS

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: VISIÓNS
Ano: 2016
País: España
Duración: 72′
Dirección: Xisela Franco, Beli Martínez
Guión: Carla Andrade, Bego Santiago, Carme Nogueira, Eva Calvar, Sonia Méndez, Andrea Zapata-Girau, Lara Bacelo, Olaia Sendón, Diana Toucedo, Claudia Brenlla
Montaxe: Carla Andrade, Bego Santiago, Carme Nogueira, Eva Calvar, Sonia Méndez, Andrea Zapata-Girau, Lara Bacelo, Olaia Sendón, Diana Toucedo, Claudia Brenlla
Produción: Beli Martínez. Deputación de Pontevedra
Web: www.depo.es

VISIÓNS

03.11 | 20:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE * (Entrada libre ata completar aforo)

*Asiste Xisela Franco, comisaria do proxecto.

Película colaborativa con temática de xénero, elaborada por dez cineastas galegas dentro do proxecto “Cinema e Muller” da Deputación de Pontevedra. As creadoras recibiron a proposta de dirixir unha minicurta nun prazo de dous meses e sacaron á luz unha “película de curtametraxes” tecida coa inevitable influencia de todas elas.